O country rock é un subxénero da música country formado da fusión desta co rock. O termo adoita a usarse para referirse á corrente de músicos de rock que comezou a gravar discos con sabor a country a finais dos anos 60 e comezos dos 70. Estes músicos gravaron discos de rock usando temas, estilos vocais e instrumentación adicional country, destacando o uso de guitarras pedal steel.[1]

Country rock
, e
Orixe musicalfolk rock, country, country folk, rockabilly
Orixe culturalfinais dos 60 no sur e no oeste dos Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra, piano, batería, baixo
Derivadosroots rock - southern rock - heartland rock - cowpunk - country alternativo

O country rock comezou con artists como Buffalo Springfield, Michael Nesmith, Bob Dylan, Nitty Gritty Dirt Band, The Byrds, The Flying Burrito Brothers ou The International Submarine Band,[2][3] acadando a súa maior popularidade nos anos 70 con artistas como Emmylou Harris, Eagles, The New Riders of the Purple Sage, Linda Ronstadt, Poco, Charlie Daniels Band, e Pure Prairie League.

O xénero tamén influenciou a artistas doutros estilos, como The Band, The Grateful Dead, Creedence Clearwater Revival, The Rolling Stones, ou o traballo en solitario de George Harrison,[1] ademais de ser parte do desenvolvemento do rock sureño.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 V. Bogdanov, C. Woodstra and S. T. Erlewine, All Music Guide to Rock: The Definitive Guide to Rock, Pop, and Soul (Backbeat Books, 3rd ed., 2002), p. 1327.
  2. "Gram Parsons: the father of country rock lives again – July 1999". www.countrystandardtime.com. Consultado o 2023-03-25. 
  3. "Buffalo Springfield". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 25 de marzo de 2023.