Daniel Martinazzo
Daniel Martinazzo, nado en San Juan o 9 de xaneiro de 1958, é un ex xogador de hóckey a patíns arxentino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1958 (66 anos) San Juan, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns , dirixente deportivo |
Deporte | hóckey a patíns |
Familia | |
Irmáns | Valentín Martinazzo (en) , Raúl Martinazzo (en) , Luis Eduardo Martinazzo (en) e José Martinazzo (en) |
Considerado o mellor xogador arxentino da historia, foi dúas veces campión do mundo coa selección arxentina e catro veces máximo goleador da liga española co HC Liceo da Coruña, club co que conseguiu os seus maiores éxitos, conquistando cinco ligas, tres Copas de Europa, tres Copas Intercontinentais, unha Copa CERS e catro Supercopas de Europa. É o máximo goleador da historia do club, con 465 goles. Xogou tamén en Italia, onde gañou dúas ligas italianas e unha Copa CERS co HC Amatori Vercelli.
En 1978 recibiu o Premio Olimpia de Ouro coma o deportista arxentino máis destacado do ano. En 1980 e 1990 recibiu o Premio Konex de Platino como mellor xogador arxentino da década na súa especialidade. Martinazzo tamén destacou polo seu xogo limpo recibindo en 1980 o premio ao xogador máis correcto do Campionato do Mundo dese ano. En 1983, o Comité Olímpico Italiano outorgoulle a medalla ao Mérito Deportivo.
Traxectoria deportiva editar
Nado o 9 de xaneiro de 1958, a capital do hóckey a patíns na Arxentina, onde comeza a xogar no Club Deportivo Unión Estudiantil. Destaca moi novo, debutando coa selección arxentina sub-18 con 11 anos e proclamándose campión arxentino xuvenil aos 13. Na Arxentina gañou catro campionatos nacionais.
A principios dos anos '80 trasladouse a Europa, ao HC Castiglione della Pescaia. Xogou no H.C. Liceo entre 1981 e 1982, proclamándose máximo goleador da liga, trofeo que repetiría nos anos 1985, 1986 e 1988, e gañando a Copa CERS e Copa do Rei. En 1982 fichou polo HC Amatori Vercelli italiano[1], club no que permaneceu dúas tempadas e co que gañou dúas ligas e unha Copa CERS. En 1984 volveu ao H.C. Liceo[2][3] co que conseguiu cinco ligas, tres Copas do Rei, tres Copas de Europa, tres Copas Intercontinentais, unha Recopa de Europa e catro Supercopas de Europa. Marcou un total de 465 goles co Liceo, sendo o máximo goleador da historia do club.[4]
Nunha reportaxe realizada polo diario El País (España), Martinazzo definía do seguinte xeito as Características do hóckey a patíns en Argentina:
O que aportamos nós ao hóckey é esa filigrana, esa cousa bonita, os valores da individualidade consciente, o xeito de ser... O fundamental para un bo xogador de hóckey é que sexa un excelente patinador, que teña mobilidade e reflexos e, posteriormente, que domine os mediadores, o pao e a bola. Eso lógrase con tempo e adestramento.[5]
Foi 111 veces internacional coa selección arxentina. Con 18 anos disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, no que foi subcampión en 1976 en Oviedo. Dous anos máis tarde gañou o campionato celebrado na súa cidade natal, San Juan. Foi novamente subcampión en Talcahuano (Chile) en 1980 e proclamouse campión por segunda vez en Novara (Italia) en 1984. Tamén gañou a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos celebrados en San Xoán de Porto Rico en 1979.
Retirouse como xogador en 1993. Posteriormente foi presidente da Federación Sanjuanina de Patín entre os anos 1994 e 2003. É considerado un dos mellores xogadores dos anos 80.
Dende o 2006, o Torneo Internacional de Hóckey a Patíns San Juan leva o seu nome, disputándose a Copa Daniel Martinazzo.[6][7]
Palmarés editar
H.C. Liceo editar
- 3 Copas de Europa: 1987, 1988 e 1991.
- 3 Copas Intercontinentais: 1987, 1989 e 1993.
- 1 Recopa de Europa: 1989/90.
- 1 Copa CERS: 1982.
- 4 Supercopas de Europa: 1987, 1988, 1990 e 1992.
- 5 Ligas españolas: 1986, 1987, 1990, 1991 e 1993.
- 4 Copas do Rei: 1982, 1988, 1989 e 1991.
HC Amatori Vercelli editar
- 1 Copa CERS: 1983.
- 2 Ligas italianas: 1983 e 1984.
- 1 Copa de Italia: 1983.
Selección arxentina editar
- 2 Campionatos do Mundo: 1978 e 1984
- 1 Xogos Panamericanos: 1979.
Premios e distincións editar
- 1978: Premio Olimpia de Ouro.
- 1979: Premio Gandula.
- 1980:
- Premio ao xogador máis correcto do Campionato do Mundo.
- Premio Olimpia de Prata.
- 1983: Medalla ao Mérito Deportivo entregada polo Comité Olímpico Italiano.
- 1984:
- Premio ao Mellor Xogador Mundial.
- Premio Olimpia de Prata.
- 1992: Nomeamento ao Premio Príncipe de Asturias.
- Premio ao Máximo Goleador da Liga Española: 1982, 1985, 1986 e 1988.
Notas editar
- ↑ http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1982/05/28/pagina-36/1086569/pdf.html
- ↑ http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1982/05/28/pagina-37/1106880/pdf.html
- ↑ El País, 3 de gener de 1985
- ↑ "Jordi Bargalló se convierte en el segundo máximo goleador de la historia del Liceo" (en castelán). 1 de decembro de 2011. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ Rivas, Manuel (1985). "Martinazzo ha vuelto", El País, 3 de xaneiro de 1985.
- ↑ "Torneo Internacional Daniel Martinazzo. Reus es el campeón" Arquivado 11 de outubro de 2008 en Wayback Machine., Deportes San Juan.
- ↑ "Se presentó torneo internacional"[Ligazón morta], Red Deportivos.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |