Daniel Castro Barcala

arqueiro galego


Daniel Castro Barcala, coñecido como Dani Castro, nado nas Pontes o 19 de abril de 1997, é un arqueiro galego que compite en tiro con arco na modalidade de arco recurvo.

Infotaula de personaDaniel Castro Barcala
Biografía
Nacemento19 de abril de 1997 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueiro Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportetiro con arco Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 20222022 European Archery Championships – Men's Individual Recurve (en) Traducir
xuño de 20222022 European Archery Championships – Men's Team Recurve (en) Traducir (2º) (medalla de prata)
2022archery at the 2022 Mediterranean Games – men's team (en) Traducir (2º) (medalla de prata)
2022archery at the 2022 Mediterranean Games – men's individual (en) Traducir
20222022 Archery World Cup (en) Traducir
23 de xullo de 2021tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - equipes mistas (pt) Traducir (21º)
24 de xullo de 2020Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Individual masculino (pt) Traducir (33º) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a practicar tiro con arco xunto á súa irmá Cristina na súa vila natal, no club Sílex, onde tivo como compañeiros entre outros a Miguel Alvariño e Gema Buitrón. Baixo a batuta do adestrador Manuel Buitrón logrou en 2014 o seu primeiro campionato de España en categoría cadete, así como o campionato de Galicia xuvenil de recurvo.[1][2]

No 2017 trasladouse a Madrid, cunha bolsa para entrar na Academia Blume, onde se puxo ás ordes dos técnicos da Federación Española de Tiro con Arco.[3] En febreiro de 2018 proclamouse campión de España de sala por equipos, xunto a Miguel Alvariño e Vicente Veira, mentres que a nivel individual acabou cuarto.[4] En xullo do mesmo ano, no campionato de España absoluto celebrado en Santander, conseguiu o bronce na categoría individual, por detrás de Alvariño e Pablo Acha.[5] Xunto a eses dous arqueiros integrou a selección española que competiu durante os seguintes anos na Copa do Mundo e os Xogos Europeos de 2019 en Minsk.[6]

Miguel Alvariño gañou inicialmente a praza española para acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, pero tralo adiamento destes por mor da pandemia de COVID-19, a Federación puxo a praza de novo en xogo, sendo esta para Dani Castro, que en abril de 2020 gañou a medalla de prata na proba individual da Copa do Mundo celebrada na Cidade de Guatemala.[7][3] Xa en Toquio comezou disputando a proba de clasificación para a competición de dobres mixto, facendo parella con Inés de Velasco, pero acabando no posto 21º, cando só os 16 primeiros accedían á competición.[8]

Notas editar

  1. "Dani Castro: "Quiero volver pronto a As Pontes y espero que sea con una medalla"". El Progreso (en castelán). 1 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  2. "Grande exito dos arqueiros do Silex no Galego de Tiro con Arco de Valdoviño". 10 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Valencia, José; Elías, C. (24 de xuño de 2021). "El arquero pontés Daniel Castro logra la plaza española para tomar parte en los Juegos Olímpicos de Tokio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. Ferreiro, Xosé (27 de febreiro de 2018). "Miguel Alvariño y Daniel Castro, campeones de España en sala". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  5. "Miguel Alvariño, campeón de España de tiro con arco; y Daniel Castro, bronce". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  6. "Termina el sueño de Minsk para Daniel Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  7. "El español Daniel Castro gana la plata en tiro con arco recurvo en Guatemala" (en castelán). 26 de abril de 2021. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  8. "Dani Castro e Inés de Velasco no logran acceder a la competición mixta de los Juegos Olímpicos". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2021.