Gema Buitrón Cortiñas, nada nas Pontes o 19 de xullo de 1989, é unha arqueira galega. A súa especialidade é o arco recurvo.

Infotaula de personaGema Buitrón
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a practicar o tiro na súa vila natal, As Pontes, baixo a disciplina do Sílex, club no que milita aínda na actualidade. En 2002, na súa primeira participación, consegue o campionato de Galicia da súa categoría, que iría revalidando ano a ano, en todas as categorías polas que pasou, ata conseguir o campionato galego absoluto en 2006.

En 2007 participa por primeira vez nun campionato do mundo absoluto de tiro con arco, en Leipzig. Nese verán trasládase a Madrid para comezar a adestrar no centro de alto rendemento deportivo Joaquín Blume. En 2008 queda campioa de España de categoría universitaria e campioa de España absoluta por equipos, a canda as outras arqueiras galegas Iria Grandal e Margarita Beltrán. Nese ano tamén acada o bronce no campionato do mundo de categoría universitaria (parellas mixtas).

En febreiro de 2009 consegue en Alacant o seu primeiro campionato de España de tiro con arco na categoría individual absoluta (pista cuberta), así como a medalla de bronce por equipos. Nos campionatos de España ao aire libre, celebrados en Zaragoza repite a medalla de ouro[1] así como a prata por equipos coa selección galega. Nese mesmo ano, nos mundiais de pista cuberta de 2009 celebrados en Rzeszow (Polonia) cae en dezaseisavos de final en categoría individual e en cuartos por equipos. Nos mundiais ao aire libre, celebrados en Ulsan (Corea do Sur), cae en trintaedousavos de final.

Vida persoal editar

Estudante de Publicidade, participou como actriz na rodaxe dun spot para unha campaña internacional da Wii Sports[2].

Notas editar