Daniel Pedrosa Ramal, coñecido como Dani Pedrosa, nado o 29 de setembro de 1985 en Castellar del Vallès, Barcelona, é un piloto catalán campión do mundo en diferentes categorías (1 de 125cc e 2 de 250cc). Desde 2006 compite na categoría de MotoGP, na que foi subcampión do mundo en 2007 e 2010.

Infotaula de personaDani Pedrosa

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Daniel Pedrosa i Ramal Editar o valor em Wikidata
29 de setembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmotorcycle development rider (en) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaCampionato do Mundo de Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Número deportivo26 Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2001-2003Honda Racing Corporation (en) Traducir
2004-2005Honda Racing Corporation (en) Traducir
2006-2018Repsol Honda (pt) Traducir
2018-Red Bull KTM Factory Racing Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdanipedrosa.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2082207 Facebook: DaniPedrosaOfficial Twitter: 26_DaniPedrosa Instagram: 26_danipedrosa Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Inicios editar

A súa carreira comezou nas motos, en 1996, no Campionato de España de minimotos. Naquel ano, rematou en segundo lugar no Campionato, o seguinte ano quedou terceiro e, finalmente en 1998, conseguiu gañar o campionato. A pesar do seu éxito na época, Dani empezou a considerar a posibilidade de deixar a moto e comezar a correr en bicicleta de montaña, debido á falta de recursos.

En 1999, Pedrosa, preséntase ás probas de selección da Copa Movistar Activa. Só poderían formar parte do equipo de Alberto Puig os tres primeiros, pero, grazas á confianza do presente, Dani foi escollido para correr no Campionato de España. Correu o campionato, quedando en cuarto lugar, detrás de Olivé, Jara e Piñeiro. No ano seguinte, Pedrosa é elixido, con Joan Olivé e Raúl Jara, a formar parte do equipo de Alberto Puig para o Campionato de España. En 2000 remata o campionato na 4º posición.

125cc editar

En 2001, pasou a correr o Campionato do Mundo de 125cc, conseguindo dous podios e quedando 8º no campionato, e xa soou como un gran piloto cun futuro brillante.

En 2002, de novo na categoría de 125cc, obtivo 3 vitorias e, finalmente, quedou 3º na clasificación xeral, a pesar de ser un dos favoritos para o título.

En 2003 converteuse no segundo piloto máis novo da historia, despois Loris Capirossi, en gañar o campionato de 125cc, conseguiuno no Gran Premio de Malaisia a falta de 2 carreiras. Unha semana despois, nos adestramentos do Gran Premio de Australia, sufriu un accidente onde rompeu os dous nocellos, co que non participou nas últimas dúas carreiras e dificultou a realización da pre tempada, cando ía pasar á categoría do cuarto de litro.

250cc editar

A pesar de ser o campión de 125cc non comezou como o favorito para o título xa que era novato na categoría, e tampouco tivera unha pretemporada longa debido a lesión, pero foi a sorpresa e gañou a primeira carreira do ano. Pouco antes da metade da tempada asumiu o mando e non deixou o liderado ata a fin, paradoxalmente, o fixo en Australia, onde un 4º posto foi o suficiente para ser o campión. Gañoúno o 17 de outubro de 2004 e converteuse no máis novo campión de 250cc do mundo, e tamén o máis novo campión de dúas categorías.

En 2005, o 16 de outubro, aínda sen rematar o campionato de 250cc, conseguiu ser matematicamente campión do mundo por segundo ano consecutivo, a pesar de correr diversas carreiras co úmero roto, como consecuencia de varias caídas. Coa lesión non foi capaz de acadar boas posicións, mentres o seu máximo rival, Casey Stoner lle remontaba puntos ao gañar carreiras. Pero o final tamén gañou a Copa do Mundo en Australia. Ese mesmo ano, no Gran Premio de Francia, tiña anunciada a súa sinatura na carreira de MotoGP do próximo ano coa HRC.

MotoGP editar

 
Dani Pedrosa pilotando a Honda RC211V en Phillip Island.
 
Dani Pedrosa pilota a súa Honda de MotoGP durante un test de pretemporada no Circuíto Internacional de Sepang en Kuala Lumpur o 22 de xaneiro de 2007.

O 9 de novembro de 2005, Daniel Pedrosa debuta en MotoGP en Repsol Honda, co número 26, número que tiña dado Alberto Puig. Na súa primeira carreira, o Gran Premio de España, en Xerez, é o segundo. O 14 de maio de 2006 obtén a súa primeira vitoria na categoría no Gran Premio da China, a cuarta carreira da tempada. Un día antes de gañar, conseguiu a súa primeira pole en MotoGP. Máis tarde, en Donington Park ten a súa segunda vitoria da tempada. Tiña as opcións de matemática para gañar o título ata a penúltima carreira, finalmente quedou na 5º posición, sendo o mellor novata da historia. O 21 de setembro de 2007 renovou o seu contrato con Honda (HRC Repsol Honda) por dous anos mais, aínda que estaba negociando con outros equipos, incluíndo a Kawasaki. Finalmente rematou 2 º posto no Campionato Moto GP 2007, batendo a Valentino Rossi na última carreira, remontándolle 24 puntos no GP de Valencia (venceu Dani e Valentino tivo que abandonar debido a problemas mecánicos). Dani sufriu durante este ano todos os tipos de problemas cos seus pneumáticos. Michelin recoñeceu que os seus pneumáticos non estaban a altura de Bridgestone, Dani, aínda puido rematar en segundo lugar e terceiro Rossi (ambos Michelin), aínda que moi atrás de Casey Stoner (Bridgestone). Pódese dicir que este ano os pneumáticos decidiron o campión do mundo.

Despois dunha mala pretempada por unha lesión sufrida en Sepang en xaneiro, Pedrosa queda terceiro na primeira carreira e logra gañar en Xerez, segunda cita da tempada de 2008, quedando provisional líder de MotoGP. Este ano Dani Pedrosa acabou na terceira posición por detrás de Valentino Rossi e Casey Stoner.

O 5 de xullo de 2009 logrou a primeira vitoria para o motociclismo español no Gran Premio dos Estados Unidos en Laguna Seca. Ese mesmo ano gañou en Valencia e acabou na terceira posición do mundial, por detrás de Valentino Rossi e Jorge Lorenzo.

Na tempada 2010 proclamouse novamente subcampión da categoría, por detrás de Jorge Lorenzo. En 2011 acabou en cuarta posición.

Resumo por tempadas editar

Tempada Categoría Moto Carreiras disputadas Vitorias Podios Poles Puntos Posición
2001 125cc Honda 16 0 2 0 100
2002 125cc Honda 16 3 9 6 243
2003 125cc Honda 14 5 6 3 223
2004 250cc Honda 16 7 13 4 317
2005 250cc Honda 16 8 11 5 309
2006 MotoGP Honda 17 2 8 4 215
2007 MotoGP Honda 15 2 8 5 242
2008 MotoGP Honda 11 2 8 2 171
2009 MotoGP Honda 14 2 8 2 234
2010 MotoGP Honda 15 4 9 4 245
2011 MotoGP Honda 12 3 9 2 219
Total 174 38 97 37 2.596

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar