Cyprinella é un xénero de peixes ciprínidos de auga doce incluído na orde dos Cypriniformes, que hai por México e Estados Unidos.[1]

Son peixes de río bentopeláxicos de clima tropical a temperado, que habitan sobre os fondos areosos ou rochosos de ríos de tamaño pequeno a mediano, alimentándose de invertebrados.[1]

Teñen a típica morfoloxía das carpas pero cun característico pequeno tamaño duns 10 centímetros ou menos, coa excepción da Cyprinella venusta que alcanza uns 20 cm.[2] Por iso teñen escasa importancia comercial, con excepción da especie Cyprinella proserpina que se comercializa para acuarioloxía.[2]

Especies editar

Existen 30 especies agrupadas neste xénero:[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nelson, J.S. (1994). John Wiley & Sons, Inc., ed. Fishes of the world (3ª edición ed.). pp. páx. 600. 
  2. 2,0 2,1 Page, L.M. e B.M. Burr (1991). «A field guide to freshwater fishes of North America north of Mexico». Houghton Mifflin Company, Boston. Páx. 432.
  3. Family Cyprinidae en FishBase.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar