Charles Frédéric Girard

Charles Frédéric Girard, nado o 8 de marzo de 1822 en Mulhouse, Alto Rin, Alsacia (Francia) e finado o 29 de xaneiro de 1895 en Neuilly-sur-Seine, Altos do Sena, Illa de Francia, foi un médico e zoólogo estadounidense de orixe francesa.

Infotaula de personaCharles Frédéric Girard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1822 Editar o valor em Wikidata
Mulhouse, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1895 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Neuilly-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Georgetown Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e medicina Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , herpetólogo , ictiólogo , zoólogo , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaGirard Editar o valor em Wikidata

Traxectoria: unha vida entra Francia e Norteamérica editar

Estudos editar

Girard estudou en Neuchâtel (Suíza), onde foi alumno do zoólogo Louis Agassiz.

Primeira estancia nos Estados Unidos editar

En 1847 convértese en su asistente na Universidade Harvard.

Tres anos máis tarde, Spencer Fullerton Baird ofrécelle un posto no Museo de Historia Natural para traballar nas coleccións de réptiles e peixes dos Estados Unidos de América, coleccións en rápido aumento grazas ao envío gobernamental de misións de exploración ao Oeste americano. Girard traballa neste museo durante dez anos, publicando numerosos artigos, a maioría en colaboración con Baird.

En 1854 Girard faise cidadán estadounidense. En 1856 obtén o grao de doutor en Medicina na Universidade de Georgetown de Washington, D.C..

Primeira volta a Francia editar

En 1859 retorna a Francia. Dous anos máis tarde, é galardoado co Premio Cuvier, outorgado polo Instituto de Francia polo seu traballo sobre os réptiles e peixes de América do Norte.

Retorno a América editar

Durante a Guerra de Secesión, Girard únese como cirurxián ao exército confederado.

Regreso definitivo a Francia editar

Despois desta guerra, instálase en Francia, onde exerce a medicina.

Durante a Guerra franco-prusiana de 1870 serviu como médico militar no exército francés, e realizou importantes investigacións sobre a febre tifoide.

Retirouse en 1888 aínda que continou publicando artigos de historia natural.

En 1891 retírase definitivamente do mundo académico, pasando o resto da súa vida en Neuilly-sur-Seine.

Obra editar

A súa obra científica reúne 81 títulos, a metade sobre peixes, unha trintena sobre réptiles e anfibios e o resto sobre invertebrados.

Obra destacada editar

Entre a súa obra destaca o seu traballo de 1854 "Observations upon a collection of fishes made on the Pacific coast of the United States, by Lieut. W. P. Trowbridge, U. S. A., for the museum of the Smithsonian Institution". Proc. Acad. Nat. Sci. Phila., vol. 7: 142–156.

Abreviatura editar

A abreviatura Girard emprégase para recoiñecer a Charles Frédéric Girard como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar