A cummingtonita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo inosilicatos e dentro destes pertence aos anfíbolos monoclínicos.[1] É un silicato de ferro e magnesio, con aspecto de agregados bacilares cor castaña. É polimorfo da antofilita, coa súa mesma composición química pero distinto sistema cristalino.

Cummingtonita
Fórmula química(Mg,Fe)7Si8O22(OH)2
ClaseSilicato
SubclaseInosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorVerde claro, castaño claro
BrilloDe sedoso a vítreo
Dureza5 - 6 (escala de Mohs)
FracturaAstillosa
RaiaBranca
Densidade3,1 - 3,6 g/cm3

Propiamente, cummingtonita é o termo intermedio dunha serie de solución sólida con cantidades de ferro e magnesio substituíbles entre si, de forma que toda a serie denomínase con este nome. Nun extremo da serie estará a magnesiocummingtonita (Mg7Si8O22(OH)2) e no outro extremo a grunerita (Fe7Si8O22(OH)2).

O nome procede da cidade de Cummington, en Massachusetts (EUA), onde foi descrito en 1824. Sinónimos pouco usados son antolita e kievita.

Ambiente de formación editar

Aparece en rochas metamórficas, tanto metamorfismo de contacto como rexional, de facies de xistos verdes ou ecloxitas xistos azuis. Tamén se pode encontrar como mineral primario nalgunhas dioritas, gabros e noritas.

Minerais asociados á cummningtonita en todas estas rochas son hornblenda, antofilita, actinolita, tremolita, arfvedsonita, glaucofana, cuarzo e granate.

Localización, extracción e uso editar

Depósitos importantes deste mineral atópanse en Massachusetts, Dakota e Wisconsin (EEUU), en Labrador (Canadá), Xapón, Escocia, Finlandia, Noruega e Suecia. En España encóntranse en Miranda (Asturias), Níjar (Almería) e Ojén (Málaga).

A cummingtonita non ten uso comercial, só interese científico e coleccionístico.

Notas editar

  1. Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Klein, Cornelius., 2002, The Manual of Mineral Science, 22nd ed., John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25177-1

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar