A actinolita (do grego aktis, raio) é un mineral de silicato composto por hidróxido de silicato de ferro, magnesio e calcio, que presenta a fórmula química: Ca2(Mg,Fe)5Si8O22(OH)2

Actinolita
Fórmula químicaCa2(Mg,Fe+2)5Si8O22(OH)2
ClaseSilicato
SubclaseInosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorPálido ao verde escuro. Branco ou cinza no asbesto
BrilloVítreo
Dureza5,5 - 6
RaiaBranca
Densidade3,04

Mineraloxía editar

A actinolita é un mineral da clase dos , subclase dos inosilicatos e grupo dos anfíbolos, membro intermedio dunha serie entre tremolita (rico en Mg) e ferroactinolita (rico en ferro). Na fórmula química dacima pode verse que os ións de Mg e Fe poden substituírse uns aos outros na estrutura do cristal. Presenta unha cantidade de óxido de ferro até 12% ou 13%, 22% de magnesio e 14% de cal (CaO).

Depósitos editar

A actinolita é xeralmente encontrada en rochas metamórficas, sobro todo en auréolas de contacto que cercan as rochas ígneas intrusivas.

Aparece tamén como un produto do metamorfismo de rochas calcarias ricas en magnesio.

Algunhas formas de asbestos están constituídas de actinolita fibrosa (bisolita), cuxas fibras son tan pequenas que poden entrar nos pulmóns e danar os alvéolos. Outra forma de actinolita, coñecida como nefrita, é un dos dous compoñentes do xade (o outro compoñente é a xadeíta).

Os principais depósitos atópanse na China, Rusia, Nova Zelandia Colombia e o Canadá.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, vinteava edición, John Wiley and Sons, Nova York ISBN 0-471-80580-7

Ligazóns externas editar