Cultura de Bélxica

A cultura belga involucra tanto os aspectos compartidos por tódolos belgas independentemente da lingua que falan coma as diferenzas das diferentes comunidades culturais; os flamengos e os valóns. A maioría dos belgas ven a súa cultura coma parte integrante da europea. Malia isto, os membros de cada un dos dous grupos lingüísticos principais teñen a súa propia cultura dentro da comunidade, sendo os flamengos os que están máis próximos á cultura anglosaxoa (que predomina nas ciencias, a vida profesional e a maioría dos medios de comunicación) e aos Países Baixos, mentres que os valóns francófonos centran a súa vida cultural en Francia e noutros lugares do mundo francófono.

As minorías étnicas belgas, como os xudeus, os cales formaron un compoñente da cultura flamenga, en particular a de Antuerpen, por máis de cincocentos anos, teñen culturas distintas.

Arquitectura e escultura editar

 
Escaleira da Casa Tassel en Bruxelas, obra do arquitecto Victor Horta.

Dous dos maiores exemplos da arquitectura románica en Bélxica son a igrexa colexiata de Saint Gertrude, en Nivelles, e a catedral da Nosa Señora de Tournai, esta última declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Do gótico destaca a catedral de Antuerpen, a máis grande do país, construída entre os séculos XIV e XVI.

A arquitectura Art Noveau posúe grandes representantes nados en Bélxica, como Victor Horta ou Henry Clément van de Velde.

Pintura editar

Dos pintores nados en Bélxica e recoñecidos internacionalmente destacan René Magritte, Paul Delvaux, James Ensor, Félicien Rops ou Léon Spilliaert.

Museos editar

 
Fachada principal dos Museos Reais de Belas Artes de Bélxica.

Algúns dos museos máis importantes de Bélxica son o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen, que ten unha gran colección de obras de Peter Paul Rubens; o Groeningemuseum, en Bruxas; o MAS (Museo Aan De Stroom), localizado en Antuerpen, o maior museo da cidade, e os Museos Reais de Belas Artes de Bélxica en Bruxelas, o cal posúe unha gran colección de René Magritte.[1]

Cine editar

O cine belga foi galardoado varias veces no Festival de Cine de Cannes e outros menos coñecidos. As películas belgas son xeralmente realizadas cun orzamento reducido, sendo financiadas principalmente polos gobernos rexionais (Vlaams Audiovisueel Fonds e Wallimage, entre outros) e corporacións privadas mediante o patrocinio e a colocación de produtos.

Música editar

Moitos compositores clásicos importantes naceron en Bélxica. Un dos máis famosos é César Franck aínda que tamén son dignos de mención Henri Vieuxtemps, Eugène Ysaÿe, Guillaume Lekeu e Wim Mertens. Moitos grandes compositores medievais e renacentistas, como Gilles Binchois, Orlando di Lasso, Guillaume Dufai, Heinrich Isaac e Jacob Obrecht naceron na zona que agora é Bélxica, e pertencen á chamada escola franco-flamenga.

No actual territorio de Bélxica (no seu momento o Primeiro Imperio Francés) naceu Adolphe Sax, coñecido principalmente pola invención do saxofón, amais de contribuír ao desenvolvemento do clarinete baixo.

O país tamén é o fogar dalgúns festivais de música moi coñecidos coma Tomorrowland, Rock Werchter ou Pukkelpop.

Banda deseñada editar

Bélxica é un dos centros máis importantes de Europa en canto a produción de cómics se refire, sendo Hergé o autor máis coñecido, grazas ao seu personaxe Tintín. Outros autores destacados son Edgar P. Jacobs, Peyo (Os pitufos), André Franquin, Philippe Geluck, Jean-Claude Servais e François Schuiten.

Gastronomía editar

A gastronomía do país está moi influenciada pola cociña francesa. Con frecuencia afírmase[quen?] que Bélxica é unha nación de Gourmands e non de Gourmets, o que traducido quere dicir que prefiren a «gran cociña» en lugar da fine cuisine.[Cómpre referencia] É un dito no país que se serve a cantidade de Alemaña coa calidade de Francia.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "Magritte Museum" (en neerlandés). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar