Un crumpet é unha especie de filloa ou chula elaborada con fariña e fermento típica da Gran Bretaña. Nalgunhas partes do Reino Unido adóitase usar o termo "pikelet" no canto de "crumpet" para se referiren a este.

Un crumpet untado de manteiga.

Pódese ver servido en diferentes partes do Reino Unido, así como nalgúns países da Commonwealth. En Escocia o termo emprégase para unha pasta de té, que se elabora cos mesmos ingredientes ca o "Scotch pancake" e ás veces confúndese con el.

Etimoloxía editar

O termo data de 1694 e pode facer referencia aos bolos crumpled ou curled-up (enrolados), e quizais posúa unha raíz celta relacionada co bretón krampoez que significa "magro, fino" e é semellante ao Welsh crempog, unha especie de chula. Como moitos ingleses teñen raíces xermánicas, outra posible raíz etimolóxica desta palabra procede da palabra alemá krumm (krump, krum) que significa "anacos".[1]

Notas editar

  1. Crumpet Arquivado 23 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Krumkake Arquivado 23 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., Krummhorn Arquivado 23 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. - The American Heritage® Dictionary of the English Language: Fourth Edition. 2000.

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar