Cruceiro da Santísima Trindade

construción relixiosa en Baiona

Coordenadas: 42°07′00″N 8°50′43″O / 42.11673333, -8.84528611

O cruceiro da Santísima Trindade[1] é un cruceiro do século XV situado na vila de Baiona.

Cruceiro da Santísima Trindade
Cruceiro da Santísima Trindade
Presentación
LocalizaciónBaiona
Estilogótico
Construción
Data da construciónséculo XV

Características editar

Atópase sobre unhas rochas, e é un dos poucos de Galicia que está cuberto por un baldaquino. Este é de estilo renacentista en forma de pirámide sostida sobre unhas columnas, rematadas en forma de pináculos cilíndricos con coroa cónica. O cruceiro é de estilo gótico coa imaxe de Xesús Cristo e, ós seus pés, a Virxe María, María Madalena e Santiago o Maior[2].

 
SENLLEIRO EXEMPLAR CON BALDAQUIN
UNICO DA SUA NATUREZA EN GALICIA
CRUZ GOTICA CON FIGURAS BIBLICAS
POLICROMADAS E BALDAQUIN RENACENTISTA
DE ORIXE FRANCESA

Atópase na calzada romana, posteriormente chamada Estrada Real. Foi realizado en granito, e conta cunha grande lousa de 1,12 m situada a 1 m de altura sobre o piso que servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e para as tripulacións dos navíos fondeados na baía de Baiona.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Alicia Graña Novelle et al.: Artigo "Baiona" en Gran Enciclopedia Galega: Ten tamén certo mérito o cruceiro da Trindade, situado nunha antiga calzada romana. É un antigo baldaquino de pedra de estilo renacentista que acubilla un cruceiro gótico de finais do século XV ou comezos do XVI.
  2. Concellería de Turismo - Concello de Baiona. "Cruceiro da Trinidade". Consultado o 12/11/2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar