Cristina Correa

política galega

Cristina Correa Pombal, nada en 1981, é unha política galega do PPdeG.

Infotaula de personaCristina Correa
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Alcaldesa de Oia
2015 –
← Rosa Otero Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e dedícase profesionalmente á asesoría xurídica. Nas eleccións municipais de 2015 foi a número 2 da candidatura do PPdeG en Oia e foi elixida concelleira. Inicialmente formou parte da oposición, cando foi elixida alcaldesa a socialista Rosa María Otero, asumindo a portavocía do grupo no mes de outubro trala renuncia do que fora candidato e alcalde Alejandro Rodríguez Rodríguez. No mes de novembro foi elixida nova alcaldesa de Oia tras presentar unha moción de censura que desbancou o goberno socialista e que contou co apoio de Converxencia Galega[1], polo cal pasou a gobernar en coalición con este grupo. En decembro de 2017 Converxencia abandonou o grupo de goberno, polo cal afrontou o resto do mandato en minoría. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e revalidou a alcaldía[2][3] ó lograla maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa, novamente con maioría absoluta.

Notas editar

  1. La popular Cristina Correa, nueva alcaldesa de Oia al triunfar la moción de censura Faro de Vigo, 12/11/2015 (en castelán).
  2. "Oia". fegamp.gal. 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de outubro de 2020. 
  3. Redacción/Concello de Oia (17 de xuño de 2019). "Cristina Correa afronta unha nova lexislatura coma Alcaldesa do Concello de Oia". infominho.com (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar