Cordilleira Americana

A Cordilleira Americana é unha cadea de cordilleiras que consiste nunha secuencia case continua de cordais que forman a "columna vertebral" occidental de Norte, Sur e Centroamérica.[1] É tamén o eixe do arco volcánico que forma a metade oriental do cinto de lume do Pacífico.

Cordilleira Americana
Vista aérea do Aconcagua, o punto máis elevado da cordilleira Americana
Localización
Continente/sAmérica
País/esEstados Unidos de América Estados Unidos, Canadá, México, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile, Arxentina
Datos
Principais cumesAconcagua
Cota6962 msnm

Descrición editar

América do Norte editar

 
Montañas Rochosas no Canadá

As montañas da Cordillera dende México cara ao norte coñécese colectivamente como Cordilleira Norteamericana.

Dende o norte ao sur, esta secuencia de cordais parelos e sobrepostos comeza coa Cordilleira de Alasca e a Cordilleira Brooks en Alasca e segue por Yukón e a Columbia Británica. O cinto principal das Montañas Rochosas xunto coas paralelas Montañas de Columbia e as cadeas da costa do Pacífico de montañas e illas continúan pola Columbia Británica e a illa de Vancouver. Nos Estados Unidos, as ramas da Cordilleira inclúen as Montañas Rochosas, a Seerra Nevada, as Cascades, e varias pequenas cordilleiras litorais. En México, a Cordillera continúa pola Serra Madre Occidental e a Serra Madre Oriental, así como nas montañas vertebradoras da Península de Baja California.

América do Sur editar

 
Andes no Perú

A Cordilleira continúa polos cordais de América Central en Guatemala, Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, e devén nas montañas dos Andes en América do Sur. Os Andes coas súas cadeas paralelas e as cadeas nas illas da costa de Chile continúa por Colombia, Venezuela, Ecuador, o Perú, Bolivia, a Arxentina e Chile ata o punto máis meridional do continente na Terra do Fogo. A Cordilleira continúa aínda ao longo do Scotia Arc antes de alcanzar as montañas da península Antártica.[2]

Notas editar

  1. "Historical Geology Notes - The Breakup of Pangea and Deformation in the Western Cordillera". Long Island University, C.W. Post Campus faculty website. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  2. "The North American Cordillera: A Color Shaded-Relief Map in Oblique Mercator Projection About the Pacific-North America Pole of Rotation, Scale Circa 1:5,000,000". pubs.usgs.gov. Consultado o 26 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Silberling, N.J. et al. (1992). Lithotectonic terrane map of the North American Cordillera [Miscellaneous Investigations Series I-2176]. Reston, Va.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.