Península de California

A península de California é unha península localizada no noroeste de México. Penetra no océano Pacífico, formando o golfo de California entre a súa costa oriental e as costas de Sonora e Sinaloa. Ten unha lonxitude aproximada de 1 250 km e comprende os estados mexicanos de Baixa California e Baixa California Sur. Inicia na fronteira de México con Estados Unidos.

Vista de satélite da península.

En conxunto a península de California ten un gran potencial turístico, debido a que as súas praias atraen tanto os residentes da mesma península como a visitantes dos estados de California, Arizona e Nevada, de onde provén un importante e constante fluxo turístico.

Cidades principais da Península de California

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.