Corbenic, tamén coñecido como Carboneck ou Corbin, é o nome do castelo onde se atopa o Santo Graal segundo algunhas versións das lendas da Materia de Bretaña. É o fogar do Rei Pescador e do cabaleiro Galaaz.

How at the Castle of Corbin a maiden bare in the Sangreal and foretold the achievements of Galahad, por Arthur Rackham.

Non hai acordo sobre as posíbeis localizacións do castelo actualmente. Pénsase que pode estar tanto en Gales, como Inglaterra, Escocia ou mesmo no departamento francés de Meurthe e Mosela.

Na literatura medieval o castelo é nomeado nos libros Lancelot-Graal e Le Morte d'Arthur.

Normalmente é descrito como un lugar cheo de marabillas, no que se pode atopar unha doncela atrapada nun caldeiro fervendo, un cuarto onde as frechas axexan a quen ousa entrar nela e mesmo un dragón.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar