Galaaz

cabaleiro da Táboa Redonda

Galaaz (en inglés: Galahad; en galés: Gwalchavad) é unha personaxe lendaria das historias do Ciclo Artúrico. Galaaz era un dos Cabaleiros da Táboa Redonda do Rei Artur e un dos tres que conseguiu alcanzar o Santo Graal. Era o fillo ilexítimo de Lancelot e de Elaine de Corbenic.

Galaaz nunha pintura de George Frederick Watts

Galaaz era considerado o cabaleiro máis puro e, consecuentemente o único que podía sentar na Cadeira Perigosa da Táboa Redonda, un asento que ficaba sempre baleiro, xa que só o escollido aí se podería sentar. Pola súa pureza, Galaaz está considerado unha encarnación de Xesús na forma de cabaleiro.

A historia de Galahad editar

A concepción de Galahad dáse cando Helena, filla do Rei Pescador, usa maxia para enganar Lancelot, facéndoo levar a crer que ela era Xenevra. Eles dormen xuntos, mais ao descubrir o que aconteceu, Lancelot deixa Helena e volta para a Corte do Rei Artur. Galaaz é, entón, entregado aos coidados dunha súa tía, abadesa dun convento, e alí é criado. "Galahad" era tamén o nome orixinal de Lancelot, mais xa llo cambiaron de neno, pois Merlín profetiza que o seu fillo irá superar o seu pai en valor e terá éxito na demanda do Graal.

 
Galahad consegue o santo graal, ilustración de Arthur Rackham, 1917

Ao chegar á vida adulta, Galahad reúnese co seu pai, que o arma cabaleiro. É entón traído para a Corte do Rei Artur en Camelot durante a Pentecoste. Sen se apercibir do perigo en que se estaba a meter, Galahad diríxese para a Táboa Redonda e séntase no Asento Perigoso. Este lugar fora sempre mantido baleiro para a única persoa que alcanzase éxito na demanda do Santo Graal. Calquera outra persoa que aí se sentase tería morte inmediata. Galaaz sobrevive ao evento testemuñado por Artur e polos seus cabaleiros. O Rei próbao entón, solicitándolle que arrancase unha espada espetada nunha rocha, test que el pasa con facilidade. O Rei Artur proclama entón Galahad como o mellor cabaleiro do mundo. El é entón convidado a xuntarse á Orde da Táboa Redonda e, despois dunha visión do Graal, lanzase na súa demanda.

O incríbel poder e sorte de Galahad na demanda do Graal son sempre atribuídos á a súa piedade. De acordo coa lenda, só os cabaleiros puros conseguirán alcanzar o Graal. En termos xerais, a súa pureza refírese á súa castidade. Galahad parece levar unha vida totalmente sen pecado e, como resultado, vive e pensa nun nivel totalmente á parte dos outros cabaleiro da lenda.

Talvez debido á a súa natureza totalmente pura, Galahad parece case non-humano. El derrota os cabaleiros rivais aparentemente sen esforzo, practicamente non lles fala e leva os seus compañeiros ao Graal cunha determinación inderrotábel. Así, dos tres que terminan a demanda (Boors, Perceval e o propio Galahad), el é o único que realmente o alcanza. Cando o fai, Galahad é levado para os Ceos, tal como os Patriarcas Bíblicos Enoch e o profeta Isaías, deixando os seus compañeiros para atrás.

Véxase tamén editar