Coral de Ruada

agrupación musical galega

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Coral de Ruada
Cartel de Coral de Ruada, feito por Camilo Díaz Baliño en 1931.
Tipocoro
Data de fundación1918
PremiosPremio Trasalba, Medalla Castelao, Pedrón de Ouro e Medalla de Galicia
SedeOurense
PaísGalicia
Na rede
Musicbrainz: eb62f739-3b71-493f-9301-ab7e34c469bc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Interpretación do himno galego, Os Pinos, pola Coral de Ruada na casa-museo de Otero Pedrayo, 2018.

Historia editar

Foi creada o 5 de outubro de 1918 por Xavier Prado Rodríguez “Lameiro”, Virxilio Fernández González, Julio Prieto Nespereira, Fabriciano Iglesias Abella e Cesáreo Eire Santalla.

Fixo unha rolda de concertos por América do Sur en 1931, na que Camilo Díaz Baliño foi o escenógrafo. O documental de 1937 The Spanish Earth, do holandés Joris Ivens, comeza coa interpretación por parte da Coral de Ruada da peza "Negra sombra", de Rosalía de Castro, gravada en 1929 polo selo Columbia baixo dirección de Daniel González.[1].

En 1946 interpretaron varias cancións populares no filme Mar abierto, de Ramón Torrado.[2]

Tivo como directores a Daniel González Rodríguez (1919-1955), Manuel de Dios (1955-1990), Bruno Fuentes, José María González Álvarez e Juan José Rumbao. Dende o ano 2009 está dirixida por Xoán Vázquez Casas.[3]

Recoñecementos editar

Recibiu, entre outros recoñecementos, a Medalla de Bronce de Galicia (1992), o Pedrón de Ouro (1990), a Medalla Castelao (2013) e o Premio Trasalba (2018).[4]

No ano 2019 reciben o Premio Rebulir da Cultura Galega na categoría Homenaxe.

Notas editar

  1. "Negra Sombra: melodía gallega; Foliada de Orense: canto gallego / Coro de Ruada; director, D. González". Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. 
  2. "Mar abierto". www.coralderuada.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  3. "Daniel González y Manuel de Dios, los grandes directores". Faro de Vigo (en castelán). 1/7/2018. 
  4. "A Coral De Ruada recibirá o Premio Trasalba". CCG. 5/4/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.