Negra sombra

poema de Rosalía de Castro

"Negra sombra" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro publicado no seu libro Follas novas de 1880.

Follas novas.

Historia editar

Foi publicado cinco anos antes da morte de Rosalía. Levaba por título o primeiro verso, "Cando penso que te fuches", e aparecía incluído na segunda sección do libro, "¡Do íntimo!". A peza foi musicada por primeira vez por Xoán Montes e presentado no Gran Teatro da Habana en 1892. Axiña acadou sona e pasou a ser unha das cancións máis coñecidas de Galicia.[1]

O poema de Rosalía tería precedentes nos poemas de Nicomedes Pastor Díaz, La mariposa negra e Una voz. Segundo Ricardo Carballo Calero o poema de Rosalía provén dun fragmento de El murmullo de las olas de Aurelio Aguirre (1833-1858), coñecido persoal da escritora.[2]

Poema editar

 
Páxina 52.

*   *   *

Cando penso que te fuches,
Negra sombra que m'asombras,
Ô pe d'os meus cabezales
Tornas facéndome mofa.
Cando maxino qu'es ida
N'o mesmo sol te m'amostras,
Y eres a estrela que brila,
Y eres o vento que zóa.
Si cantan, ês tí que cantas,
Si choran, ês tí que choras,
Y-ês o marmurio d'o río
Y-ês a noite y ês a aurora.
En todo estás e ti ês todo,
Pra min y en min mesma moras,
Nin m'abandonarás nunca,
Sombra que sempre m'asombras.

Versións musicais editar

 
Nun monumento en Lugo.

De "Negra sombra" hai gravadas máis de 300 versións.

Notas editar

  1. Miguel Díez R. "La negra sombra de Rosalía" Letralia Año XV • Nº 245. 24/1/2011. Cagua, Venezuela ISSN 1856-7983 (en castelán).
  2. Marina Mayoral (1974) "La negra sombra y la sombra tristísima" La poesía de Rosalía de Castro. Gredos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar