Conversa usuario:Mgl.branco/arquivo2013

Último comentário: hai 10 anos de HombreDHojalata no tópico Datos dos ficheiros

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Mgl.branco.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2013 ás 08:20 (UTC)Responder

Imaxes editar

Ola, Miguel! Fixen unha edición na imaxe que subiches do letreiro da Praza. Deille categorías (imaxes da parroquia de Figueroa, e imaxes de letreiros de Galiza), e deille formato ao resumo do contido. Por favor, se tiraches ti a foto, indícao onde pon 'source' co texto 'autoría propia', ou similar. Xa sería a monda se incluíses as coordenadas do lugar en que foi tomada a imaxe, como ten por exemplo estoutra imaxe. Podes arranxar as outras imaxes que subiches, dándolles categoría e formato?

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2013 ás 15:52 (UTC)Responder

Gracias!. Iriei corrixíndoo a poucos nos vindeiros días, o que vexades que falte indicádemo. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)Responder
Por favor, ao subires unha imaxe, categorízaa e inclúe o marcador de información. Xa aquelei os datos de Figueiroa.png, podes arranxar ti Sarandos.png? Tamén sería bo que puxeses os topónimos conforme ao Nomenclátor oficial: *Figueiroa -> Figueroa e *Sarandos -> Sarandós. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de agosto de 2013 ás 00:17 (UTC)Responder
Son nado nesa parroquia de Figueiroa e especifiquei precisamente a deturpación do topónimo nunha sección por iso mismo. As etiquetas mantívenas con 'Figueroa', mais visualmente deixei para o lector 'Figueiroa' no resto das seccións. Para min non hai dúbida da deturpación do topónimo (vd. a orixe do topónimo e a cantidade de pobos co mesmo nome: 'figueiroa') e resúltame persoalmente denigrante empregalo. Mais non teño forma de especificar as reclamacións oficiais que se antepuxeron no Concello nin ningunha fonte bibliográfica que o recollese. Por iso, non estou a favor de escribir eu o topónimo deturpado. Mais corrixídeas os demais se vos parece oportuno. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)Responder
Movidos a: Figueroa.png e Sarandós.png. --. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2013 ás 07:16 (UTC)Responder
Vin os cambios feitos nos ficheiros. A miña opinión sobre do cambio do topónimo especifiqueina enriba. Grazas igualmente. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 08:19 (UTC)Responder

manantial -> manancial editar

Boas, acabo de ver os mapas que fixeches das parroquias de Sarandós e Figueroa do concello de Abegondo, e non teño máis que darche a noraboa polo teu magnífico traballo. Só unha pequena cousa, a ver se podes corrixir na lenda a palabra manantial pola forma correcta manancial. Parabéns, --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de agosto de 2013 ás 23:35 (UTC)Responder

Castro grande de Alcaiana editar

Boas, quería comentarche que se o artigo que fixeches do Castro Grande de Acaiana refírese a estoutro Castro grande de Alcaiana, deberíanse fusionar. Se a forma correcta é "Alcaiana" deberíase manter como base o vello e engadirlle a información do teu. Se che parece ben podes preparar o teu artigo seguindo estas indicacións Axuda:Fusión para que un administrador os fusione. Aproveito tamén para darche os parabéns polo teu traballo. --Breogan2008 (conversa) 21 de agosto de 2013 ás 11:45 (UTC)Responder

Datos dos ficheiros editar

Ola Mgl.branco/arquivo2013, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 24 de setembro de 2013 ás 12:04 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Mgl.branco/arquivo2013".