Castro grande de Alcaiana

poboado fortificado en Malata (Vizoño, Abegondo)

Coordenadas: 43°09′43″N 8°20′46″O / 43.1619601, -8.3460713

O castro grande de Alcaiana, ou de Eira do Coto, é un castro da idade ferro romano situado na Malata, na parroquia de Vizoño do concello coruñés de Abegondo[1].

Castro grande de Alcaiana
ParroquiaVizoño
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001013
Cronoloxía
Datas de ocupaciónI-IV d.c.(?)
Estado actualConservación regular
Extensión estimada1.68 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado principal de planta circular defendido por un alto parapeto. Ten unha plataforma exterior polo lado sueste, que se defende cunha dobre liña de muros con foxo intermedio. Nas partes norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central, na parte sueste, xunto con entullo recente no recinto central[1].

Ten unhas dimensións en planta duns 120 por 140 metros.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar