Olá, Manudosde - recibe a miña benvida á Galipedia. Sobre o comentario deixado na páxina de discusión de Fernando Arrabal, coméntoche que non é preciso facelo. Cada vez que modifiques un artigo podes deixar iso no campo "Resumo" que hai por baixo da caixa de edición. Esas explicacións aparecen tanto nos Cambios recentes como no historial de edicións de cada páxina. Outra cousa: cando lle deixes unha mensaxe a alguén lembra rematar con ~~~~ (penúltimo botón da barra de ferramentas, xusto por riba da caixa de edición), porque así "asinas" a túa mensaxe co teu nome e a hora. Un saúdo e grazas por unires-te a nós. --Xosé (✉) 17:28, 16 xuño 2007 (UTC)

correccións "normativas" editar

Compañeiro Manudosde: non podo aceptar a maior parte dos cambios que introduciches no artigo "balea" para adapta-lo léxico á normativa que ti prefiras. Fixeches cambios razonables, que respectarei, e outros caprichosos, que non acepto e que vou reverter. "ó" e "ós" son tan válidos como o teu "ao" e "aos", pero aquela é a forma que eu utilizo; Uso tamén "identifica-los" (con guión) e non "identificar os", e tamén é forma válida. Uso "variable" e nunca "variábel", e tamén é forma válida. Como tamén o son "que" e non "ca", "gran" e non o teu "grande", ou "en lugar de" por "no canto de". Así que, por favor, respecta a escolla que cada quen prefira á hora de escribir, e segue a norma da Galipedia de que quen primeiro escribe un artigo é quen escolle. Diferencia o que sexa incorrecto, que cómpre corrixir, do que sexa unha opción lingüística válida e aceptada, aínda que non coincida coa túa opción. Saúdos. Pedro --Lameiro 10:36, 24 agosto 2007 (UTC)

Mágoa.--Manudosde 14:36, 24 agosto 2007 (UTC)

  • Ola Manudosde. Grazas pola túa colaboración. É importante que haxa usuarios dispostos a mellorar o nivel de lingua da Galipedia. Para non teres problemas, é conveniente que saibas que hai un acordo común sobre aqueles vocábulos da lingua que teñen dobre alternativa (ao/ó, segunda forma do artigo,...). En caso de que na primeira edición dun artigo se escriba ao (ou ó), débese manter nas seguintes edicións esa escolla. O mesmo para a 2ª forma do artigo. Contacta comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:04, 31 agosto 2007 (UTC)

Clarexamentos editar

Querería clarexar as dúas razóns polas cales mudei as palabras das que estamos a falar, idepentendetemnte das miñas crenzas persoais:

a)é claro que a Wikipedia en xeral favorece as formas -bel, -aría, ao, etc. Non hai máis que ver os textos das instrucións, das mensaxes enviadas aos usuarios e en xeral de toda a interface.

b)após un bo anaco de procurar na sección da comunidade, non fun quen de atopar esas regras ás que facedes alusión acerca das convencións morfolóxicas. Se de verdade están aí, non son doadas de encontrar.

De todos os xeitos, este non é o meu "modus operanti" habitual. Normalmente só mudo estes casos para harmonizar o texto, quer dicir, cando no mesmo artigo hai unha mestura de opcións -ble, -bel, etc.

Ben, espero que a situación fique clara. Se non comentei nada antes foi porque o ton do usuario afectado semellaba un pouco alterado, e ás veces convén deixar as cousas repousar un pouco.

Un saúdo.

--Manudosde 14:06, 6 setembro 2007 (UTC)

Felicitacións editar

Quería darche a noraboa polo traballo que fas, e en especial polo que fixeches en Jura, onde reformaches totalmente o artigo empregando as túas boas maneiras na tradución e nas correccións. Parabéns e un saúdo. AlberteSi, digame? 13:22, 2 outubro 2007 (UTC)

Grazas editar

Moitas grazas, sobre todo polo da tradución (que é a miña profesión); sempre é agradábel que se lle recoñeza a un o traballo que fai, sobre todo se o fai de balde :).

Un saúdo! --Manudosde 13:27, 2 outubro 2007 (UTC)

Para que non se toque un artigo editar

Pensei en comentar-che a existéncia duns marcadores que che poden resultar interesantes. Un é Template:Entradución e outro Template:Enuso. Cando estás a traducir un artigo podes pór o primeiro para pedir que non o toquen. O segundo é máis xenérico. Asi, podes-lle dedicar tempo á tradución sen temor a que alguén se che adiante e se perda o traballo inutilmente. Para colocalos, simplemente escribe {{Entradución}} ou {{Enuso}} ao principio da páxina e retira-os cando remates. Un saúdo. --Xosé (✉) 13:17, 24 outubro 2007 (UTC)

É bo sabelo :) editar

Moitas grazas, a verdade é que é una excelente idea. Agora mesmo estou a traducir un artigo, así que vou seguir o teu consello de contado. --Manudosde 13:24, 24 outubro 2007 (UTC)

Re: Debuxos nos artigos editar

Ola Manudosde, copio aquí a resposta que deixei na taberna á túa pregunta sobre The Legend of Zelda. Facer un debuxo dunha personaxe que ten copyright é un tipo de obra derivada chamada Fan art. En Commons temos unha páxina onde se explica iso, se podes consulta tamén a versión en inglés que se actualiza con maior frecuencia (podes acceder desde os enlaces da parte superior). Tes máis información en Commons:Fan art. Para finalizar, quen posúa o copyright do orixinal non perde os seus dereitos na obra derivada, polo tanto a licenza da obra derivada non é compatible coa licenza da Wikipedia a non ser que o autor ou propietario dos dereitos permita a distribución libre de ditas imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:29, 12 novembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Entendido, non hai nada que facer daquela :) Moitas grazas pola túa axuda. --Manudosde 07:58, 13 novembro 2007 (UTC)


De nada home, pero quen primeiro te axudou foi Alma,como outra vez e dasme as grazas a mín, vaiseche cabrear jeje, saúdos e agora en serio para o que queiras pregunta a calquera xa que calquera está encantado de axudar no que poida. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 13:01, 22 novembro 2007 (UTC)


Non hai de que, xa sabes para o que queiras, e por certo sería bo para a Galipedia que sendo dos poucos que podes participar nas primeiras "votacións democráticas a administradores" te deixaras caer por alí ou non, pero polo menos que saibas que podes votar. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 20:29, 22 novembro 2007 (UTC)

parabéns polo traballo que estás facendo de revisión dos artigos do Señor dos Aneis. Hai dous ou tres meses tamén tiven unha etapa de revisión e creación de artigos (traducín, entre outros o de Gimli), e tés toda a razón de mundo. Non ofendes revisando nin correxindo, e os artigos non son do "creador".Ánimo.
Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 12:53, 3 decembro 2007 (UTC)

Ola Manudosde. Grazas por subires imaxes.

Esta imaxe é unha imaxe dunha portada con copyright, polo que atenta conttra os dereitos de autor. Ademais non está presente en ningunha páxina e non ten (non pode ter) licenza, nin orixe. Procedo a borrala. En caso de que non esteas de acordo ponte en contacto comigo, pois sempre podería recuperar a imaxe. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:04, 27 decembro 2007 (UTC)

Creación de categorías editar

Ola, vexo que andas a tope nas terras de Bilbo. Creei a categoría Terra Media, por si non te atrevías ti. Para crear unha categoría é moi doado, introducela no artigo e o grabar vaiche aparecer en bermello. Clicas nela e edítala. A continuación só tes que poñerlle a categoría da que colga e grabas. Con eso xa tes creada a categoría. Outro asunto sería a idoneidade da súa creación, que polo que vexo é un concepto que manexas ben. Saúdos e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 18:15, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxes editar

Ola! Pois dame que ou mudan a licenza ou pouco se pode facer. Se cadra se te pos en contacto con eles, poidas convencelos de mudar a unha licenza válida para a Wikipedia, porque se son eles os que mandaron esa mensaxe semella que hai boa vontade. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:34, 13 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:04, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Modelo editar

  • Si, claro, tes que lle dar unha categoría, o que pasa é que ao non saber de que vai, é difícil dicirche en cal. Por exemplo, tes a Categoría:Marcadores onde podes mirar a ver se encaixa alí, e dentro desa categoría procura unha subcategoría na que vexas que te encaixa. Tamén tes estoutra Categoría:Wikipedia:Modelos de estrutura de artigos onde atopas outros distintos. Isto é como todo, investigar e o que busca atopa. :). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:18, 9 febreiro 2008 (UTC)
Vendo o modelo eu poríao nas Categoría:Caixas de navegación de literatura, refíreste ao libro de Tolkien, así que penso que encaixa ben. Non? Alma (fálame eiquí) 23:23, 9 febreiro 2008 (UTC)

Grazas editar

Ola Manudosde. Xa en varias ocasións pensei en darche as grazas, se non o fixen foi por certo pudor. Pudor porque cando se agradece algo a alguén non debe ser ningunha fórmula senón porque dito agradecemento é verdadeiro. Agradezoche como un dos más vellos do lugar o teu traballo constante na mellora da lingua e nas traducións coidadas neste tempo de abuso dos tradutores automáticos. Non o dixen no seu momento pero concordo coas túas reflexións sobre as traducións. Grazas por ser dos que axudan a mellorar este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:22, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Manu, vin o modelo que fixeches sobre a historia de Arda. Vin que ó final aparece Batalla final, e claro, eu como fan de Tolkien pregúntome en que libro aparece, para collelo e ler, supoño que será no Silmarillion que nunca pasei da metade (tres veces que intentei lelo), a non ser que sexa a Batalla final do Señor dos aneis. Moi bo traballo o que fas, un saúdo. AlberteSi, digame? 16:34, 10 febreiro 2008 (UTC)
Grazas, grazas, servíchesme de moita axuda. Un saúdo. AlberteSi, digame? 17:32, 10 febreiro 2008 (UTC)

Tradutor de... editar

Ola, Manu. Lin que es tradutor. Gustaríame saber, se non é moito preguntar, a que te dedicas na tradución (libros, dobraxe, etc.), e algún título. Saúdos. --Uxío 16:35, 17 febreiro 2008 (UTC)

Pois sonche traductor de textos técnicos italiano-castelán (e inglés-castelán en menor medida). Os nosos clientes da axencia dedícanse a acondicionadores de ar, mobles, instalacións industriais de moitos tipos, aparatos de electrónica, etc. De cando en vez cae algo de tradución xurídica ou comercial, mais de literatura ata de agora nadiña, :(. Un saúdo! --Manudosde 16:54, 17 febreiro 2008 (UTC)

Carlos I de Inglaterra editar

Magnífico o repaso que lle diste ao artigo. Aínda que é bastante longo, non é disculpa, cometín mais erros do que me gustaría. Menos mal que temos a sorte de contar con coñecedores da lingua como ti. Un saúdo, --Furado 20:47, 17 febreiro 2008 (UTC)

Re: Moitas grazas editar

Grazas a ti por pasar o traballo de enriquecer o artigo coas imaxes. Cando ande por aquí podes contar comigo naquilo que poida axudar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:34, 18 febreiro 2008 (UTC)

bosque/fraga editar

ola Manu!

non lembro como se adoitou traducir "wood" en "O hobbit" e en "O Señor dos aneis" nas edicións de Xerais, pero, persoalmente, gústame máis "fraga" que "bosque". Isto vén a conto da tradución de "Mirkwood".

non pretendo que o mudes, nin te sintas presionado; só é unha opinión ;-)!

de novo, e coma sempre, parabéns polo choio da saga Tolkien. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:24, 27 febreiro 2008 (UTC)

nese caso, nada que dicir; corroboro as túas verbas de respectar a Moisés. Ánimo! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 17:34, 27 febreiro 2008 (UTC)

Torres editar

Ola, Manudosde, :) Metinme co de Bárbore porque tiña unha etiqueta de {{entradución}}, e púxenme a solucionar os problemas deses artigos. Deume un pouco de rabia, porque ti es o que sabes do tema, e prefería consultarche algunhas cousas, pero non estabas. Tampouco teño aquí a edición galega, e non estaba seguro dalgúns dos termos. Por exemplo, algo que habería que facer é substituír as citas das edicións inglesas polas citas das edicións galegas.

Ao caso: Tolkien escribía con maiúsculas porque en inglés os títulos van con maiúsculas. É verdade que na portada das edicións galegas van erroneamente con maiúsculas (iso é unha falta de ortografía), pero non sei se é un problema tipográfico da portada, ou se é unha constante. Como che digo, non tiña comigo as edicións galegas para saber se no interior do libro seguen mantendo o título As Dúas Torres, ou se dentro xa o poñen ben. Quizais habería que crear en As dúas torres unha redirección a As Dúas Torres, pero claro, o problema neste momento é que eses artigos non existen de momento.

E xa que estamos: creo que é algo difícil, pero só ti podes facelo. Creo que habería que reordenar as categorías referentes ao mundo de Tolkien, e non sei moi ben como. Hai artigos que están dentro de libros, outros están dentro do epígrafe Terra Media, e outros, como Saruman, están dentro dunha categoría de criaturas. Eu non sabería moi ben como facer, pero se ti me guías, podo botarche unha man. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 06:22, 12 decembro 2008 (UTC)

Meu deus, o Bosque Escuro... Pois claro, claro, teñen que estar os dous en maiúsculas; gran erro pola miña parte! Eu tamén non estou en Galicia e non teño a man as edicións. Con respecto ás categorías, creo que deberiamos simultanear as dúas, é dicir, por unha banda as literarias (son personaxes d'O señor...) e por outra as mitolóxicas: son ents, elfos, etc. --Xabier Cid Conversa 13:00, 12 decembro 2008 (UTC)

Ola, Manudosde! Tesnos abandonados! Anímote a regresar á actividade galipédica, e especialmente, se te animas, a darlle xeitiño ao artigo este, que ben sei que che gustaba o relativo á Terra Media]]. Un saúdo, e agardo que ata pronto. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:12, 9 marzo 2010 (UTC)

  • Ola Manudosde. Puxen a ficha a Galadriel (desde a wiki en español), pero é mellor que a revises, pois ti liches as versións en galego e eu non, e igual non se corresponde algunha cousa. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 16:15, 14 de maio de 2010 (UTC)
  • Ola de novo, Manudosde. Tes razón, non hai tradución galega e o criterio da Galipedia é neste caso deixar os títulos na lingua orixinal, concordo contigo. Mais eu non teño os títulos en inglés, se os sabes ti e o queres arranxar, perfecto. No caso contrario, ou os borramos directamente ou os deixamos de forma provisoria á espera da mudanza (non de forma definitiva), digo eu. Saúdos e quérote felicitar polo teu enorme traballo coa literatura de Tolkien na Galipedia, que a enriqueceu enormemente nese tema, moi bo traballo. Saúdos e saúde. --Xoán Carlos Fraga 10:31, 1 de agosto de 2010 (UTC)
  • Ola outra vez, Manudosde. Si, recoñezo que os títulos os traducín da wiki en español e sei que non é ese o criterio que se debe seguir (supoño que o fixen esperando unha revisión posterior -miña ou doutro-, mais non se debe facer así; non o volverei facer, agás que teña as edicións en galego). Por tanto, de novo, débese revisar (confío no teu bo criterio) ou ben eliminalos (se non se puidese contrastar). Menos mal que te temos por aquí para revisar eses fallos, que convén non cometer. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 16:39, 3 de agosto de 2010 (UTC)
Ola Manudosde, contesteiche na páxina de axuda por se a alguén máis lle serve de axuda. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:36, 9 de agosto de 2010 (UTC)
Creo que si que funciona. Probei a incluí-lo modelo en Nazgûl. Proba a enche-lo modelo cos datos para ver como queda, pero penso que quedou ben. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 14:22, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Ola, Manudosde. A controversia da que me falas é sobre o uso da palabra *estabelecera, que ti consideras correcta. A ligazón que me proporcionas di que é correcta a forma -bel tanto como a forma -ble, e esa é a política que se segue na Galipedia. Establecera é o pretérito do verbo establecer, pero se consultas o VOLGa, verás que o verbo *estabelecer non existe, a pesar de que estábel sexa correcto. Espero ter resolto as túas dúbidas. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:29, 20 de abril de 2011 (UTC)

Tes razón no que dis. Vou restablecer a túa edición, perdoa a molestia. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:19, 20 de abril de 2011 (UTC)

Global account editar

Hi Manudosde! As a Steward I'm involved in the upcoming unification of all accounts organized by the Wikimedia Foundation (see m:Single User Login finalisation announcement). By looking at your account, I realized that you don't have a global account yet. In order to secure your name, I recommend you to create such account on your own by submitting your password on Special:MergeAccount and unifying your local accounts. If you have any problems with doing that or further questions, please don't hesitate to contact me on my talk page. Cheers, DerHexer (conversa) 15 de xaneiro de 2015 ás 00:27 (UTC)Responder

Aviso na taberna de axuda editar

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:28 (UTC)Responder

tradución de modelos do inglés editar

Sigo aquí pra non falarmos na páxina de conversa de Breogan2008. Vin que o do modelo «desbotado» era en {{ME-ref/Letters}}. Iso é porque se empregaba {{citation}} ({{Obra citada}}), que na Galipedia ese modelo se considerou obsoleto por ser pouco específico supoño. Substituíno por {{Cita libro}} e xa vai. Ás veces hai que facer estas adaptacións! One2 (conversa) 8 de novembro de 2022 ás 23:42 (UTC)Responder

Xenial, moitas grazas. Cando teña un momento vexo se consigo adaptar os outros. Manudosde (conversa) 9 de novembro de 2022 ás 10:15 (UTC)Responder