Usuario 77.27.46.108. Engadiches unha bibliografía no artigo Alleeiros que, ata onde puiden comprobar, non son referencias da información contida no artigo. Saberás que resulta imprescindible achegar referencias que permitan ó lector comprobar a veracidade do contido, a fonte da que se tira a información. Na web da Biblioteca Galiciana non fun quen de atopar tal información; na de Literaturagalega tampouco; non teño forma de consultar ese traballo de Axeitos. Non nego que a bibliografía achegada dean a información verquida no artigo pero o certo é que non me resultou posible atopala. Por todo isto manteño o marcador de atención sobre a falta de referencias. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de maio de 2017 ás 19:29 (UTC)Responder