Dámosche a benvida á Galipedia, 178.236.126.99

Ola, 178.236.126.99. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 8 de setembro de 2020 ás 13:46 (UTC)Responder

capitalías de concello editar

Ola! Segundo a lexislación vixente, en Galicia considérase capital municipal o lugar onde está a casa consistorial. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de setembro de 2020 ás 12:32 (UTC)Responder

Boas tardes Estevoaei:

   Como dice vostede, as capitalías municipais están no lugar da casa consistorial, quería comentarlle que Mos ten a súa casa consistorial en Regengo, Petelos dende 1935. Antes situabase na parroquia de Santa Eulalia de Mos. O patrón é San Mamede de Torroso, por iso poño como capital a Torroso. Tamén a súa igrexa foi parroquia de presentación dos masqueses de Mos ata 1884 e tamén porque Torroso é o centro xeográfico.
  Un cordial saúdo:
    Glr2007
Por favor, para; xa se che explicou que a capitalía é o lugar onde está a casa consistorial, e desde hai 85 anos a capital do concello de Mos é Reguengo. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 10:19 (UTC)Responder

Estase equivocando. Mos non ten capital definida, o patrón é San Mamede de Torroso. E en tal caso a capital sería Petelos, non Regengo

Saúdos.

A capital non é unha parroquia, senón un lugar, ou vila, concretamente o lugar onde está a casa consistorial. Que un concello declare festivo un día polo santoral non significa que o concello teña un patrón. Por favor, inclúe referencias ao agregar contido aos artigos. --Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 11:59 (UTC)Responder

--Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 12:03 (UTC)Responder