Conversa:Tritón palmado

Último comentário: hai 7 anos de Marcio no tópico "Limpafontes", denominación errada

Untitled editar

Hai un erro no título deste artigo. É "palmado" e non palmeado.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Nerk (conversacontribucións) 23:13, 12 de setembro de 2012‎

Parece que tes razón, no RAG non aparece o de *palmeado e si aparece palmado. Vou mover o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:32, 13 de setembro de 2012 (UTC)

"Limpafontes", denominación errada editar

"Limpafontes", que nin sequera está recollido no DRAG, non é apropriado como nome común para esta especie. É un vocábulo dialectal de uso moi restrinxido que está recollido no ALGa como sinónimo quer da "cría da ra" quer do insecto acuático chamado "zapateiro", como se explica no artigo de Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 77. Real Academia Galega. Por iso é preferible a denominación "tritón", proposta en dito artigo e avalada polo DRAG.

Marcio (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 21:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "Tritón palmado".