Conversa:Tricocito (mamíferos)

Último comentário: hai 1 ano de Miguelferig no tópico Nome da páxina

Nome da páxina editar

Os termos referidos a células acabados en -cito escríbense en galego, segundo o Dicionario da Academia, como palabras sen acento, graves, non esdrúxulas (por exemplo linfocito). En portugués son esdrúxulas (linfócito) e houbo unha época en que algunhas edicións antigas dalgúns dicionarios galegos as poñían tamén esdrúxulas (dicionario de Xerais). Hoxe en día, o DRAG recomenda formas sen acento: trombocito, granulocito, reticulocito, monocito, macrocito, melanocito, oocito, fagocito, linfocito, mielocito, leucocito, eritrocito. Por outra parte, como a páxina indica na primeira frase, os tricocitos aparecen en mamíferos, non só en humanos; entón non sei se será mellor chamarlle á páxina tricocito (humano) ou tricocito (mamíferos). Tamén existe a páxina tricocito (algas) e a páxina tricocito de homónimos, feitas por min recentemente. Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 10:50 (UTC)Responder

Boas, traducín a páxina do inglés "Trichocyte (human)", e das outras tres páxinas, dúas (portugués e bosníaco) tamén indican "(humano)", imaxino que pola publicación que referencian, Keratins of the human hair follicle. Acabo de mover a páxina a tricocito (mamíferos), como suxeriches.
O termo co acento esdrúxulo está redirixido ao grave. Creo que está ben deixar ambos polo indicado neste artigo Diccionario galego de termos médicos.
Grazas polas túa morea de achegas, en especial na bioloxía e medicina. Saúdos! Gasparoff (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 16:24 (UTC)Responder
Ok. Probablemente o de tricocito (humano) vén de que as outras wikipedias traduciron da páxina inglesa.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2022 ás 19:52 (UTC)Responder
Volver á páxina "Tricocito (mamíferos)".