Conversa:Transcriptase inversa

Último comentário: hai 1 ano de Miguelferig no tópico Untitled

Untitled editar

Puxen transcritase sen P. Nalgunhas poucas páxinas da Galipedia aparecen estas formas con P, tamén na páxina portuguesa (pero non sei se actualizarían a última reforma ortográfica que eliminou moitos grupos consonánticos nese idioma). Está claro que transcrición en galego é sen P. Supoño que transcritase non é ningunha excepción e perde a letra P tamén, pero como é un tecnicismo máis recente igual é diferente. Se alguén sabe seguro se é unha excepción que o diga, por favor.--Miguelferig (conversa) 29 de marzo de 2013 ás 13:25 (UTC)Responder

Boas 77.27.129.149 30 de decembro de 2022 ás 09:42 (UTC)Responder
No Digalego, na definición de "retrovirus" aparece "transcriptase": Grupo de virus ARN de infección lenta que se caracterizan por transcribir o seu xenoma de ARN a ADN, grazas ao encima transcriptase inverso, como primeiro paso da infección celular, onde o máis coñecido é o da inmunodeficiencia humana, causante da SIDA.
Tamén no Buscatermos: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#56130
No dicionario de portugués Houaiss (actualizado): transcriptase e transcríptase. 77.27.129.149 30 de decembro de 2022 ás 09:50 (UTC)Responder

De acordo, como hai referencias cambio o nome da páxina a transcriptase inversa. Despois, con tempo, irei cambiando as redireccións e o termo nos textos de distintas páxinas. Unha cousa que me chama a atención no DiGalego é que o poñen en masculino (transcriptase inverso) na definición de retrovirus. É certo que a palabra encima (tamén aceptado enzima) pode utilizarse, segundo o DRAG, en masculino ou en feminino (o encima / a encima / os encima dixestivos /as encimas dixestivas), tal como se indica en "observacións", pero outra cousa é o nome de cada encima acabado en -ase, que penso que é feminino (a polimerase, a lipase, unha hidrolase é un encima que rompe enlaces por hidrólise). Ver no DRAG a definición de polimerase. Na información que dás do dicionario portugués Houaiss puxeches repetido transcriptase (será transcriptase e transcritase?).--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2022 ás 12:32 (UTC)Responder

  Feito! Creo que xa eliminei todas as transcritases nos textos, redireccións, outras páxinas, etc.--Miguelferig (conversa) 30 de decembro de 2022 ás 19:21 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Transcriptase inversa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 06:28 (UTC)Responder

Volver á páxina "Transcriptase inversa".