Untitled editar

Boas, @MAGHOI, @HombreDHojalata, @Estevoaei, @RubenWGA, @Cossue, @Breogan2008 (por certo, non lembro quen foi o primeiro que me saudou, a primeira páxina que traducín foi a de Efecto Purkyne, movida a Efecto Purkinje, e pode que fose naquela páxina de conversa?) Sabedes por que non podo usar o arquivo dun fotograma de E.T.? Hai dúas versións, unha con guión baixo e outra sen el (File:ET_Moon.jpg e File:ET Moon.jpg unha recortada e outra completa) que usan en distintas wikipedias (en inglés, en italiano, en checo, en chinés...)

Outro día quixen engadir á páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Iluminación_en_fotografía un arquivo con caracteres en hebreo, a foto dunha nena cun ollo vermello para describir o efecto (desta páxina https://he.wikipedia.org/wiki/%D7%AA%D7%90%D7%95%D7%A8%D7%94_(%D7%A6%D7%99%D7%9C%D7%95%D7%9D) ) pero non fun quen de engadir o ficheiro. Probei de varias maneiras, tendo en conta guións, puntos, que se empeza a ler de dereita á esquerda... e non puiden, pero si outra da mesma páxina, tamén con caracteres en hebreo. Despois para o mesmo efecto de ollos vermellos usei outra con caracteres árabes. Noutras páxinas puxen arquivos con caracteres chineses kanji, con alfabetos xaponeses ou cirílico, e sen problemas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Gasparoff (conversacontribucións) 19 de maio de 2021

Volver á páxina "Silueta".