Conversa:SARM

Último comentário: hai 11 anos de Miguelferig no tópico Definición

Definición editar

Creo que a definición inicial é discutible. SARM é unha bacteria, non un "contaxio" nin unha "enfermidade" (aínda que esa bacteria produce unha enfermidade). Habería que empezar dicindo que SARM é unha bacteria chamada Staphylococcus aureus resistente á meticilina... etc. etc. e seguidamente falar da enfermidade que produce (como efectivamente se fai despois no artigo). Tampouco está demais engadir secundariamente que as súas siglas en inglés son MRSA, porque despois esas siglas van saír en moitas das referencias indicadas e porque a literatura científica que se consulte vai estar maioritariamente en inglés (neste campo e en case todos).--Miguelferig (conversa) 5 de xaneiro de 2013 ás 17:12 (UTC)Responder

Como ninguén respondeu, fixen algúns cambios no parágrafo inicial da definición, que modificaron os aspectos indicados anteriormente.--Miguelferig (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 11:22 (UTC)Responder
Volver á páxina "SARM".