Conversa:Neon Genesis Evangelion

Último comentário: hai 2 anos de Atobar no tópico Merchandising por Produtos comerciais/promocionais

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 54 ligazóns externas en Neon Genesis Evangelion. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de outubro de 2019 ás 04:30 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 30 ligazóns externas en Neon Genesis Evangelion. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de novembro de 2019 ás 18:42 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 32 ligazóns externas en Neon Genesis Evangelion. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de novembro de 2019 ás 08:56 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 32 ligazóns externas en Neon Genesis Evangelion. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de decembro de 2019 ás 20:38 (UTC)Responder

Lanzamentos caseiros editar

Ola, Breogan2008. Neste artigo usase o adxectivo caseiro para as distribucións de multimedia para uso no fogar. A min rénxeme algo o de vídeo caseiro, xa que semella que estea feito por aficcionados,non que que se trate dun formato de distribución de multimedia para fogares. No dicionario RAG aparecen caseiro e doméstico como sinónimos, pero con estes significados:

Caseiro
"1.Relativo ou pertencente á casa, ao fogar." e 2."Feito na casa",

mentres que na definición de doméstico só teriamos o significado 1. Dáse tamén como sinónimo de doméstico "da casa" aparentemente cos dous significados, pero tamén cando imos a entrada correspondente "da casa" refírese unicamente a "feito na casa". Creo que con independencia disto debería engadirse algo como "de uso" porque realmente non nos estamos a referir a DVDs relativos nin pertencentes ao fogar, só daqueles distribuidos especificamente para uso no fogar. Non mirei ben aínda a correspondencia co artigo orixinal, pero supoño que virá de "home video" que sería máis ben "vídeo para a casa/o fogar". Non sei como o vedes, pero a min gustariame unha alternativa a "Lanzamentos caseiros" e semellantes que aparecen no artigo, porque me levan a equívoco e, de non haber unha alternativa mellor para traducilo, escollería lanzamentos de DVD doméstico, porque semella restrinxida ao significado 1 e non ao 2 por unha banda, e é máis familiar pola proximidade do castelán, pola outra. Aproveito para felicitarte polo traballo e pola escolla deste artigo concreto. Graciñas!!  --Maria zaos (conversa) 11 de maio de 2022 ás 20:08 (UTC)Responder

Ola María. Paréceme ben a reflexión que fas sobre o significado e a escolla dunha mellor tradución para "Home video release". Se cadra o máis acaído sexa o que comentas de engadir "de uso". Algo así como "lanzamentos de uso doméstico" ou "lanzamentos de consumo doméstico". Como verías este cambio? Moitas grazas. Breogan2008 (conversa) 11 de maio de 2022 ás 20:26 (UTC)Responder
Por min perfecto, cumpre co tema confusión do que falaba. Como é unha cuestión de tradución igual teñen algo que dicir @Atobar e @Iria.cestmoi:. Aperta, @Breogan2008:! Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2022 ás 10:20 (UTC)Responder
Na miña opinión, "uso doméstico" e derivados iría na boa dirección. As opcións que sinalades parécenme boas. --Atobar (conversa comigo) 14 de maio de 2022 ás 11:01 (UTC)Responder

Merchandising por Produtos comerciais/promocionais editar

Ola de novo, O DRAG ten unha definición bastante ampla de "comercialización", polo que se podería, quizais, mudar por Produtos comerciais (vai un pouco implícito o de relacionados) ou promocionais. Con todo, temos xa unha entrada (bastante pobre) con este título Merchandising que non aparece tampouco en cursiva como estranxeirismo e iso que non a atopo no DRAG, polo que tampouco é cousa de insistir moito no cambio.  . Deixo aviso a @Breogan2008:, @Atobar: @Iria.cestmoi: Graciñas por pararvos! .--Maria zaos (conversa) 15 de maio de 2022 ás 10:16 (UTC)Responder

Boas! En galego existe "mercadotecnia", palabra empregada en ocasións tamén para referirse a merchandising. Con todo, concordo con @mariazaos, "produtos comerciais" podería ser unha boa solución niste caso, ou "produtos comerciais derivados". Non sei que opinan as compas. Seguimos nela! Bico grande! Iria.cestmoi (conversa) 15 de maio de 2022 ás 14:33 (UTC)Responder

Mil grazas pola revisión María e Iria. Aplico os cambios segundo o que comentades. Produtos comerciais parece a mellor solución. Unha aperta.--Breogan2008 (conversa) 16 de maio de 2022 ás 07:12 (UTC)Responder
Boa solución. Adiante. --Atobar (conversa comigo) 16 de maio de 2022 ás 10:20 (UTC)Responder
Volver á páxina "Neon Genesis Evangelion".