Conversa:Glotón

Último comentário: hai 8 anos de Miguelferig no tópico Borrado?

Nome editar

Glotón non é unha palabra galega. Non vén no DRAG. E en que país lle chaman tamén carcayú (en Galicia non, desde logo)?. Ademais, é unha tradución automática aparentemente do portugués polas moitas palabras portuguesas que segue tendo e frases mal construídas.--Miguelferig (conversa) 25 de xullo de 2015 ás 23:23 (UTC)Responder

Borrado? editar

Non estou de acordo con borrar a páxina como propón Almaffi. A páxina é curta e haberá que ampliala, pero non vexo por que hai que borrala. A versión inicial era unha tradución automática pouco presentable, mais agora xa foi corrixida por alguén. Se o que ten mal é o nome pois haberá, simplemente, que cambiarlle o nome. Non se ofrece referencia para o nome glutón (=larpeiro), que sería de utilidade. En calquera caso, cando hai grandes dúbidas, o máis seguro sempre é poñerlle o nome científico como título, Gulo gulo, polo menos polo momento.--Miguelferig (conversa) 11 de marzo de 2016 ás 19:49 (UTC)Responder

Volver á páxina "Glotón".