Conversa:Floración de algas

Último comentário: hai 7 anos de Mgl.branco no tópico Nome da páxina

Nome da páxina editar

Bloom significa floración. Afloramento ten outro significado relacionado con verse "na superficie" algo que estaba profundo. As algas proliferan, o que se adoita chamar floración. Segundo o BUSCaermos, no Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2002 aparece o termo floración (ver aquí, páxina 134), equivalente a bloom. Aínda que este vocabulario non define a que se refire, como é específico de acuicultura, é máis que probable que se refira á floración = proliferación (bloom) de algas e non á floración das plantas (cando estas botan flores). Tamén se usa floración en portugués (floração) e castelán referido a algas.--Miguelferig (conversa) 12 de abril de 2017 ás 19:10 (UTC)Responder

Paréceme ben o cambio. Escribo sen consultar agora as referencias, pero explico porqué empregara "aflorar". Inicialmente cando se comezaron os estudos nas rías galegas e do Mediterráneo no comezo do S. XX dubidouse de cal era a súa orixe: se por mor de acumulación de biomasa nun punto, por acumulación ou levantamento de augas, ou por crecemento "local" do fitoplancto. Ese debate aínda está presente en parte. (Os outros primeiros estudos foron nas costas californianas e logo se lle asignou o termo "bloom"). Por iso se empreguei inicialmente "afloramento", xa que na literatura en castelá estivo/está bastante presente o termo. Mgl.branco (conversa) 23 de abril de 2017 ás 09:25 (UTC)Responder
Volver á páxina "Floración de algas".