Conversa:Daniel Barata Quintas

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

As referencias teñen que ser contrastábeis. As actuais non achegan información abonda. Por favor, estamos na era dixital, non custa nada achegar a ligazón. E se é libro ou artigo só en papel, indicar páxina, editorial e outros. --Atobar (conversa comigo) 18:25, 26 de xullo de 2010 (UTC)

O Libro de Galicia no Tempo é de 1991, non hai edición dixital. Trátase dunha publicación do goberno galego sobre o proxecto cultural nucleado ao redor da magna exposición. Houbo unha serie de TV de varios capítulo sobre a historia do país ao fío das pezas recuperadas para esta exposición dende o megalitismo á vangarda. A única ligazón posible sería coa páxina oficial de Milladoiro, grupo ao que se lle encargou a música do proxecto que se chegou a comercializar en norteamérica e Xapón: http://www.milladoiro.com/obra/obra.html.

En canto ao teletipo de Europa Press, este aínda ten rastro en http://www.que.es/coruna/201004072247-barata-asegura-critico-decreto-gallego.html.

Grazas por non cortar polo san mediante un borrado, creo que, en casos como este, paga a pena aquilatar as cousas mediante unha conversa previa, novas citas requiridas e a mutua colaboración.

A miña admiración pola túa entrega a este proxecto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.154.34 (conversacontribucións)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Daniel Barata Quintas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de setembro de 2018 ás 11:15 (UTC)Responder

Volver á páxina "Daniel Barata Quintas".