Conversa:Comunidade Autónoma Vasca

Último comentário: hai 10 anos de Paradanta no tópico Actualizar

Untitled editar

Non é País Vasco, senon Basco, en galego utilízase o B para referirnos aos bascos.



Eu falo galego e mais utilizo a V para referirme ós vascos, ademais de ser como o coñece a maioría da xente, con v e non con b.

Por outra parte, o mapa de Euskadi, tanto o que tedes de localización como o de división provincial, é erróneo, pois o condado de Treviño, que pertence á provincia castelanoleonesa de Burgos, ocupa gran parte da provincia de Álava e nese mapa aparece pintado coma se fose do País Vasco. Ademais, unha parte fronteiriza con Cantabria, que rodeada por terras vascas, é en realidade é cántabra. Non estaría de máis que eses erros fosen corrixidos. --User:Tinsiño 20:43, 14 maio 2006 (UTC)


Estratexia militar armada editar

No terceiro parágrafo suxírese que a banda terrorista ETA utiliza unha estatexia militar. A estratexia é só terrorista. Amáis que se suxire que hai varios grupos ilegalizados, cando só é un, que utilizou varios nomes. --Adalbertofrenesi(fala) 16:37, 24 xuño 2006 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Liftarn engadiu o marcador de borrado No source since en Image:Euskadi_escudo.png(diff);

-- CommonsTicker 18:15, 11 xaneiro 2007 (UTC)

Actualizar editar

Cómpre actualizar os resultados das últimas eleccións ao parlamento vasco, que non son as que se mencionan como últimas no artigo (xa non).--Miguelferig (conversa) 7 de outubro de 2013 ás 20:11 (UTC)Responder

Volver á páxina "Comunidade Autónoma Vasca".