Conversa:Cisne

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)

Contido editar

Esta páxina, con este título, debería falar do xénero Cygnus e non de Cygnus olor, que é unha especie concreta de cisne (das varias que hai), chamado na bibliografía en galego cisne mudo, cisne real ou cisne común. O problema é que o DRAG chámalle cisne, a secas, a esta especie (que nome lle dará aos outros cisnes?). Este problema preséntase frecuentemente no DRAG e evidencia as diferenzas entre un dicionario xeral e unha enciclopedia, pero dáse o caso que a wikipedia é unha enciclopedia e temos que darlle nomes a todos os cisnes do mundo. A definición que dan no dicionario Digalego é, con diferenza, moito máis correcta (ver cisne). Ademais, a páxina Cygnus xa está feita, entón talvez o que cómpre facer é cambiarlle de nome a, por exemplo, cisne comúm (Digalego) ou cisne real (Penas Patiño) ou cisne mudo (Conde Teira). Por outra parte, a páxina ten moi pouca información. E as fotos dos cisnes negros (outra especie) deberían ser borradas se esta páxina trata do Cygnus olor.-Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2019 ás 16:32 (UTC)Responder

Pasei as fotos dos cisnes negros (Cygnus atratus) á páxina Cygnus (xénero).--Miguelferig (conversa) 8 de agosto de 2019 ás 12:11 (UTC)Responder

Modifiquei a páxina con información procedente de en:wikipedia e agora trata só de Cygnus olor. Sigo pensando que se lle debería cambiar o nome á páxina a cisne mudo ou cisne real. Cisne a secas é unha definición incorrecta (ver a explicación arriba) e cisne común non ten sentido nunha ave tan pouco frecuente (en estado silvestre) en Galicia, onde se deixan ver outras dúas especies de cisnes, tamén raras aquí. E como comparación, en inglés, o common swan é outra especie, o Cygnus cygnus (cisne bravo).--Miguelferig (conversa) 21 de outubro de 2019 ás 21:07 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Cisne. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 16:49 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Cisne. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de novembro de 2019 ás 20:43 (UTC)Responder

Volver á páxina "Cisne".