Consuelo González Ramos

Consuelo González Ramos, nada en Villamayor de Campos (provincia de Zamora) o 7 de xuño de 1877 e finada en Madrid en 1956, foi unha xornalista, enfermeira e feminista española. Tamén empregou os pseudónimos «Celsia Regis» e «Doñeva de Campos»,

Infotaula de personaConsuelo González Ramos
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1877 Editar o valor em Wikidata
Villamayor de Campos, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1956 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira , suffragette , activista polos dereitos das mulleres , xornalista , editora literaria Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioCelsia Regis
Doñeva de Campos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada na localidade zamorana de Villamayor de Campos o 7 de xuño de 1877, estudou maxisterio na Escola Normal de Valladolid.[1]

Foi enfermeira voluntaria na Guerra de África, e plasmou as súas vivencias no conflito na obra La mujer española en la campaña del Kert (1912). Colaborou no diario melillés El Telegrama del Rif,[2] no que escribiu un conxunto de artigos baixo o título “Retrato do Hospital do Docker”.[1]

Defensora do sufraxio feminino, fundou en 1917 a revista La Voz de la Mujer, que dirixiu até a súa clausura en 1931. Xunto con María Espinosa de los Monteros fundou a Asociación Nacional de Mujeres Españolas en 1918. Tamén creou a Federación Internacional Feminista en 1919 e a Unión del Feminismo Español en 1924.[3] Partidaria dun feminismo conservador e católico, apoiou a ditadura de Primo de Rivera.[4]

Creou a primeira Escuela de Tipógrafas de España, na que as alumnas confeccionaban La Voz de la Mujer. Estas tiñan que comprometerse a non aceptar un salario inferior ao dos homes e a denunciar esta situación se lles era imposta.[5] Así mesmo, este medio contou cun suplemento de denuncia e información titulado Las Subsistencias.

A través deste suplemento creou un proxecto de granxas-escola femininas que tamén contaban cun departamento de orientación laboral. En 1925 fundou La Casa de la Mujer, con obxectivos similares ao Lyceum Club Femenino, que se fundaría un ano despois. Ese mesmo ano entrou no Concello de Madrid,[1] primeiro como concelleira suplente e posteriormente como tenente de alcalde.

A proclamación da Segunda República Española depreciou os ideais conservadores defendidos por Celsia Regis, tanto na política coma nos movementos feministas. En consecuencia, pechou todas as súas publicacións e distanciouse da vida pública para afastarse do país por un tempo indeterminado. Con todo, finou en Madrid en 1956. Está sepultada no Panteón de Personajes Ilustres.

Hai unha rúa en Melilla que leva o seu nome.[6]

Obra editar

  • La mujer española en la campaña de Kert (1912)
  • Isabel la Católica (1923)
  • Españolas Ilustres (1924)
  • La mujer en los municipios (1925)
  • La Villa y Corte de España: el Ayuntamiento de Madrid por fuera y por dentro durante la etapa, como Presidente del mismo, del Conde de Vallellano (1927). A obra inclúe 173 biografías de mulleres de sona nadas en Madrid
  • A novela Ideales de amor (La Perla Negra), publicada en 1928
  • La medalla (1930)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rota, Ivana. "«Celsia Regis» (?-?)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 2020-11-03. 
  2. Marín 2013.
  3. Fagoada de Bartolomé 1985, p. 126.
  4. Rota 2014, p. 207.
  5. MujeresRTVE (2018-10-01). "Celsia Regis: La Voz de la Mujer" (en inglés). Consultado o 2020-11-03. 
  6. "Calle de Consuelo González Ramos - Callejero de Melilla - Callejero.net" (en castelán). Consultado o 2020-11-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar