Congreso de Filosofía Xove

congreso sobre filosofía en España

O Congreso de Filosofía Xove (en castelán, "Congreso de Filosofía Joven") é o acontecemento de máis longa tradición no ámbito filosófico español, pois vén celebrándose de maneira ininterrompida desde 1963.[1] Desde 1963, en que se celebrou a Primeira Convivencia Española de Filósofos Xoves –inspirada por Ángel González Álvarez, Director Xeral de Ensino Medio do Ministerio de Educación Nacional– ten lugar cada ano (só en 1969 o estado de excepción aconsellou que non fose convocado).[2]

Tras a primeira convivencia, organizada por Sergio Rábade Romeo, constituíuse un secretariado permanente, presidido por Mercedes Torrevejano Parra. Na terceira convivencia Pedro Cerezo tentou promover sen éxito unha Asociación Universitaria de Filosofía, que xurdida dos encontros asegurase a súa continuidade, pero no tardofranquismo acabaron vinculados só formalmente á Sociedade Española de Filosofía, presidida entón por Carlos París. Desde 1975, ningunha institución vertebra organicamente estes congresos: cada ano renóvanse os seus organizadores e os asistentes deciden tamén por maioría o tema e o lugar de celebración do seguinte. Por iso constitúen quizais a estrutura máis solidamente asentada e cambiante do panorama filosófico de España.

A peculiaridade deste congreso radica no seu itinerancia anual por diversas cidades e universidades de España co obxectivo de reunir aos mozos investigadores en filosofía e así crear un espazo de debate e intercambio de ideas. Cada ano é organizado por un grupo diferente de mozos investigadores vinculados a unha universidade distinta, o cal tamén conforma unha das maiores redes de colaboración interuniversitaria dos estudos en filosofía a nivel estatal.[3]

Un dos resultados máis destacables deste congreso é a continua xeración e renovación de redes interuniversitarias de investigadores, principalmente españois. Isto convérteo nun espazo moi novo, no que cada ano se debaten os últimos resultados da investigación dos novos filósofos e filósofas de España.

O Congreso de Filosofía Xove tivo varias denominacións previas:

  • Convivencias de filósofos xoves, adoptado entre 1963 e 1973.
  • Congreso de filósofos xoves, adoptado entre 1974 e 2008.
  • Congreso de filosofía xove, adoptado en 2009.

Edicións editar

Edición Ano Nome do congreso Cidade ou Universidade anfitroa
I 1963, 8-9 de abril Estado da filosofía en España Madrid
II 1964 Transcendencia e liberdade Valencia
III 1965, 17-19 de abril A temporalidade Madrid
IV 1966 Os métodos en filosofía Madrid
V 1967 O problema de Deus na filosofía actual Alcalá de Henares
VI 1968 Filosofía e ciencias humanas O Escorial
VII 1970 A comunicación Montserrat
VIII 1971 Problemas actuais da moral Castellón
IX 1972 Filosofía, ciencia e ideoloxía Salamanca
X 1973, 15-18 de abril A filosofía española na actualidade Santiago de Compostela
XI 1974 O estatuto epistemolóxico das ciencias humanas Madrid
XII 1975 Teoría e praxe Oviedo
XIII 1976 Filosofía e historia Cádiz
XIV 1977, 3-6 de abril Filosofía e ensinanza Barcelona
XV 1978 O Poder Burgos
XVI 1979 Imaxe, símbolo, realidade Sevilla
XVII 1980, 6-9 de abril A utopía Murcia
XVIII 1981 Ilustración, progreso e sociedade Córdoba
XIX 1982, 11-14 de abril Natureza, lei e transgresión Santiago de Compostela
XX 1983 Crise da modernidade e crise do suxeito Donostia/San Sebastián
XXI 1984, 22-25 de abril O sentido: ética e estética Granada
XXII 1985 Eros e filosofía Xirona
XXIII 1986 Morte á modernidade Alcalá de Henares
XXIV 1987 Tempo e linguaxe Sitges
XXV 1988, 3-6 de abril Filosofía e política Cáceres
XXVI 1989, 26-29 de marzo Filosofía e literatura Plasencia
XXVII 1990 Filosofía e Deus Oviedo
XXVIII 1991 Filosofía e morte Málaga
XXIX 1992 Filosofía e desexo Lugo
XXX 1993 O azar. A seducción do caos Figueres
XXXI 1994 Creatividade e perversión Donostia/San Sebastián
XXXII 1995 A Risa Sevilla
XXXIII 1996, 9-13 de abril Oriente e Occidente Valencia
XXXIV 1997 Os horizontes da filosofía actual Santiago de Compostela
XXXV 1998, 14-17 de abril Occidente o problema do nihilismo Barcelona
XXXVI 1999, 6-9 de abril O tráxico Madrid
XXXVII 2000 O Imaxinario Lisboa
XXXVIII 2001 Saber, poder, identidade Bilbao
XXXIX 2002, 2-5 de abril Pensar o tempo, tempo de pensar: a filosofía do presente e o presente da filosofía Xixón
XL 2003, 22-25 de abril Relixións, mitos e ídolos Sevilla
XLI 2004, 13-16 de abril Filosofía e locura Barcelona, colectivo Mania
XLII 2005, 12-15 de abril Filosofía e cine Universidade de Salamanca
XLIII 2006, 26-28 de abril Filosofía e tecnoloxía(s) Palma, Associaciò Filosòfica de les Illes Balears
XLIV 2007, 10-13 de abril Corpo e sexualidade Universidade Autónoma de Madrid
XLV 2008, 28-30 de abril Intervencións filosóficas: filosofía en acción Universidade de Granada
XLVI 2009, 28-30 de abril Límites e fronteras Universidade de La Laguna
XLVII 2010, 28-30 de abril Filosofía e crise a comezos do s.XXI Universidade de Murcia
XLVIII 2011, 4-6 de maio Filosofías Subterráneas Euskal Herriko Unibertsitatea
XLIX 2012, 25-27 de abril Filosofía e sentidos A Coruña
L 2013, 5-8 de xuño Horizontes de Compromiso La Zubia, Granada
LI 2014, 30 de xuño-3 de xullo Poder e movementos Universidade Complutense de Madrid
LII 2015, 13-16 de abril Filosofía e presente: pensar a crise Universidade de Zaragoza
LIII 2016, 9-13 de maio Lóxicas do presente Universidade de Salamanca
LIV 2017, 29-31 de marzo Novas tendencias na filosofía contemporánea Universitat de València
LV 2018, 16-18 de maio Suxeitos, Fracturas e Novos Sistemas de Representación Universidade de Murcia
LVI 2019, 11-12 de abril Ontoloxía millenial da divina xuventude Universidade de Santiago de Compostela
LVII 2020, 2-4 de xuño Philos-polemos (aprazado ó 2021 pola COVID-19).[4] Universidade Complutense de Madrid

Notas editar

  1. "LV CONGRESO DE FILOSOFÍA JOVEN". Red Española de Filosofía (en castelán). 2018-05-16. Consultado o 2024-01-29. 
  2. "Congreso de filósofos jóvenes". www.filosofia.org. Consultado o 2024-01-29. 
  3. SEyTA (2018-11-23). "LVI Congreso de Filosofía Joven". SEyTA (en castelán). Consultado o 2024-01-29. 
  4. EVENTS, SYMPOSIUM. "LVII Congreso de Filosofía Joven". Universidad Complutense de Madrid (en castelán). Consultado o 2024-01-29.