Come On Die Young
Come On Die Young (tamén coñecido como CODY) é o segundo álbum da banda escocesa de post-rock Mogwai, publicado o 29 de marzo de 1999 a través do selo Chemikal Underground.
Come On Die Young | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Mogwai | ||||
Publicado | 29 de marzo de 1999 | |||
Estudio(s) | Cava Studios, Glasgow | |||
Duración | 67:32 | |||
Xénero(s) | post-rock | |||
Selo(s) | Chemikal Underground, Matador | |||
Producido por | David Fridmann | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Listaxe de cancións editar
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Punk Rock:" | Stuart Braithwaite | 2:09 | ||||||
2. | "Cody" | Braithwaite | 6:33 | ||||||
3. | "Helps Both Ways" | Dominic Aitchison | 4:53 | ||||||
4. | "Year 2000 Non-Compliant Cardia" |
|
3:26 | ||||||
5. | "Kappa" |
|
4:53 | ||||||
6. | "Waltz for Aidan" |
|
3:44 | ||||||
7. | "May Nothing But Happiness Come Through Your Door" |
|
8:30 | ||||||
8. | "Oh! How the Dogs Stack Up" | Burns | 2:04 | ||||||
9. | "Ex-Cowboy" | Aitchison | 9:09 | ||||||
10. | "Chocky" |
|
9:23 | ||||||
11. | "Christmas Steps" |
|
10:39 | ||||||
12. | "Punk Rock/Puff Daddy/ANʇICHRISʇ" | Braithwaite | 2:14 | ||||||
67:38 |
Información editar
- Na portada do disco aparece o rostro do baixista Dominic Aitchison, nunha imaxe inspirada no personaxe de Pazuzu do filme O exorcista.
- O tema "Punk Rock" inclúe a voz de Iggy Pop nunha entrevista de Peter Gzowski emitida pola CBC o 11 de marzo de 1977.[1]
- A primeira versión da canción "Helps Both Ways" incluía a voz do comentarista John Earl Madden no primeiro cuarto do encontro de fútbol americano entre San Francisco 49ers e Green Bay Packers, da Conferencia Nacional da NFL, xogado o 11 de xaneiro de 1998 no Candlestick Park de San Francisco. Porén, xa que non tiñan licenza para utilizar o corte de son, este anaco foi substituído por outro comentarista de fútbol americano dun partido afeccionado.
- A canción "Waltz for Aidan" seguramente estea adicada a Aidan Moffat, da banda escocesa Arab Strap, quen canta nas cancións "R U Still in 2 It" e "Now You're Taken" nos discos de Mogwai Mogwai Young Team e 4 Satin respectivamente.
- A banda de post-black metal Deafheaven fixo unha versión de "Punk Rock" e "Cody" no seu EP Deafheaven / Bosse-de-Nage, publicado en 2012.
- ↑ "Punk rock comes to Canada", entrevista de Peter Gzowski a Iggy Pop, 11 de marzo de 1977 (en inglés)