O pico Alt de Comapedrosa, tradicionalmente Coma Pedrosa) é un monte dos Pireneos que con 2.946 metros s.n.m. constitúe a cima máis elevada do pequeno estado de Andorra.

O Pico Comapedrosa desde Arinsal

Situación editar

O Coma Pedrosa está situado no noroeste do principado de Andorra, na freguesía de La Massana, moi preto dos límites coas comarcas do Pallars Sobirà (Cataluña) e o País de Foix (Francia). A entidade de poboación máis próxima é Arinsal.

Ao pé das súas ladeiras atópanse varais lagoas e lagoíñas (estanys e estanyols en catalán), tales o estany Negre, o de Baiau (este xa no Pallars Sobirà, no concello de Alins).

Ascensións editar

É un dos picos favoritos de escaladores. Aínda que a súa subida tecnicamente non presenta especiais dificultades, é, porén, fatigosa. Unha das vías máis utilizadas é saíndo desde Arinsal até o estany Negre.