La Massana é unha das sete parroquias que integran o territorio de Andorra. Atópase situada ao noroeste do país e cobre unha superficie de 65 km².

Modelo:Xeografía políticaLa Massana
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°32′N 1°31′L / 42.54, 1.52Coordenadas: 42°32′N 1°31′L / 42.54, 1.52
PaísAndorra Editar o valor em Wikidata
CapitalLa Massana Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.591 (2023) Editar o valor em Wikidata (178,32 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie65 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.230 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoComa Pedrosa (2.942 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postalAD400 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2AD-04 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Saanen (pt) Traducir
Bariloche (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina weblamassana.ad Editar o valor em Wikidata

Características editar

A parroquia está formada por sete quarts ou entidades menores existentes nalgunhas parroquias: Pal, Arinsal, Erts, Sispony, Anyós, l'Aldosa e La Massana, que é a capital da parroquia. Ten tamén seis pequenos núcleos urbanos: o Pujol do Piu, Escàs, els Plans, o Mais de Ribafeta, Xixerella e o Pui.

Os ríos máis importantes da Massana son o Valira do Nord, o río de Pal e o río de Montaner. Os lagos (o de les Truites, els Forcats, Montmantell e o Negre), os bosques de piñeiros e abetos e os picos máis altos do país (o Comapedrosa -2.942 metros-, o Medecorba, o Racofred, o Pic do Plá de l'Estany e o Sanfonts) forman parte tamén da xeografía de espazos naturais desta parroquia.

A localidade de La Massana, conta con 3.000 habitantes e é a capital parroquial. Atópase situada a apenas cinco quilómetros de Andorra la Vella.

Aínda que case non conserva restos dun pasado dedicado en exclusividade á agricultura e a gandaría, aínda é posible atopar certa actividade gandeira e de cultivo da pataca e o tabaco. Na actualidade a actividade dos seus habitantes vira case exclusivamente en torno ao sector terciario (servizos), cunha gran variedade de establecementos hostaleiros, restaurantes, instalacións de lecer e deportivas.

Celebra a súa Festa do Roser o segundo domingo do mes de xullo e a súa Festa Maior o 15 de agosto.