Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia

corporación profesional

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) é unha corporación de dereito público que aglutina os enxeñeiros de grao medio (titulados universitarios de ciclo curto) en Informática, os representa e traballa para organizar, protexer, mellorar e velar por un adecuado exercicio da profesión.

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia
Logo
Tipocolexio profesional
Campo de traballoenxeñaría informática
Data de fundación2007
SedeSantiago de Compostela
EnderezoRúa Fernando III O Santo 13, 1.ºA 15701
PaísGalicia
Na rede
https://cpeig.gal/
Facebook: CPEIG Twitter: CPEIG LinkedIn: CPEIG Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Antecedentes e historia editar

A informática foise constituíndo, ao longo das últimas décadas, como unha rama de importancia crecente e independente. Nace como disciplina académica, en 1969, coa creación do Instituto de Informática, dependente do Ministerio de Educación e Ciencia, ao se considerar que para o correcto exercicio profesional era preciso a obtención previa de formación técnica e profesional.

A través do Decreto 327/1976, do 26 de febreiro, establécese a necesidade de que as ensinanzas en informática se desenvolvan a través da educación universitaria e da formación profesional. Os reais decretos 1460/1990 e 1461/1990, do 26 de outubro, estableceron, respectivamente, os títulos universitarios oficiais de enxeñaría técnica en informática de xestión e de enxeñaría técnica en informática de sistemas, e aprobaron as directrices xerais propias dos plans de estudos conducentes á súa obtención. Posteriormente, a titulación da diplomatura en informática foi homologada á da enxeñaría técnica en informática polo Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

A Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG) e máis a Delegación en Galicia da Asociación de Doutores, Licenciados e Enxeñeiros en Informática (ALI Galicia) presentaron unha solicitude conxunta para a creación do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia. O 1 de decembro aprobouse a Lei 8/2006 do Parlamento de Galicia, de Creación do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia. Nesta Lei, na súa exposición de motivos, recóllese:

A importancia da informática en canto aplicación para o mellor desenvolvemento da calidade de vida, a súa influencia e importancia nas transaccións económicas, na sinatura electrónica ou na protección de datos contidos en ficheiros informáticos e noutras moitas aplicacións, en campos tan relevantes coma o da medicina, fan que quede xustificado o interese público que se esixía para a constitución do colexio profesional.

Suliña así mesmo a Lei que

Coa creación do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia garantirase que o exercicio desta profesión se axuste ás normas e ás regras que aseguren tanto a eficacia coma a eventual responsabilidade en tal exercicio, e polo tanto queda así garantida a finalidade última que é a protección dos dereitos dos cidadáns e das cidadás.

Na Lei 8/2006 dáselles o mandato á AEIG e ALI Galicia para que designasen unha Comisión Xestora que debía presentar uns estatutos provisionais que regulasen a convocatoria e o funcionamento da asemblea constituínte, que debería aprobar os estatutos definitivos do Colexio e designar os seus órganos de goberno antes do 2 de xaneiro do 2008. A asemblea constituínte celebrouse o 14 de decembro do 2007, e nela aprobáronse os actuais estatutos e elixiuse a actual xunta de goberno.

Presidentes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar