Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela

centro educativo concertado en Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52′43″N 8°32′27″O / 42.878611, -8.540833

A Compañía de María de Santiago de Compostela, tamén coñecido como a Ensinanza (debido á rúa onde se atopa, do mesmo nome) é un centro educativo concertado. Foi fundado no ano 1759 baixo a titularidade da Orde da Compañía de María. Hoxe en día impártese dende Infantil a Bacharelato e, malia que comezou sendo un centro educativo só para mulleres, actualmente xa se integraron os alumnos de xénero masculino.

Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela
Vista do colexio
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

Historia e características editar

A súa orixe está na vontade testamentaria de Mateo Vázquez, natural de San Pedro de Présaras, residente e morto no Perú en 1744. Nun testamento deixou 100.000 pesos destinados a unha fundación en Santiago de Compostela, de Carmelitas ou Capuchinas. Valentín Sánchez Boado, o seu curmán e testamenteiro trouxo a Santiago os 100.000 pesos pero atopouse con que xa estaba en marcha a fundación dun mosteiro de Carmelitas e que existía outro de Capuchinas. En vista disto decidiu fundar un Convento de Ensinanza. As monxas fundadoras do centro chegaron a Santiago dende Tudela en novembro de 1759. Púxose a primeira pedra o 10 de maio de 1760. Bendiciuse a capela provisional o 26 de outubro de 1765. O 24 de marzo de 1770 ten lugar a bendición da igrexa actual.

No século XIX a cargo de Rafael Múzquiz Alduante (1801-1821) terminouse a igrexa e a parte de clases que dan a poñente, por iso, os seus escudos vense pola parte posterior da igrexa e na fachada do edificio.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar