Citizens Bank Park

Coordenadas: 39°54′21″N 75°10′00″O / 39.905833333333, -75.166666666667

O Citizens Bank Park é un parque de béisbol situado no Complexo Deportivo South Philadelphia de Filadelfia, Pensilvania (Estados Unidos). É o estadio local dos Philadelphia Phillies, equipo da Major League Baseball (MLB). Inaugurado o 3 de abril de 2004, acolleu o seu primeiro partido oficial o 12 de abril do mesmo ano, no cal os Philleis perderon ante os Cincinnati Reds (4–1).[1] O estadio foi construído para substituír o agora demolido Veterans Stadium, o cal podía albeergar tanto encontros de béisbol como de fútbol americano. Ten capacidade para 42.792 espectadores.

Citizens Bank Park
Datos
LocalizaciónFiladelfia, Estados Unidos
Construción
Construción28 de xuño de 2001
Inauguración3 de abril de 2004
ArquitectoEwingCole
HOK Sport (hoxe Populous)
Agoos Lovera Architects
Custo$458 millóns (2004)
Estadio
SuperficieKentucky Bluegrass (natural)
DimensiónsLeft field pole – 329 ft (100 m)
Left field alley – 374 ft (114 m)
Center field – 401 ft (122 m)
Right field alley – 369 ft (112 m)
Right field pole – 330 ft (101 m)
Capacidade42.792 espectadores
Asist. máxima46.967 (2 de xaneiro de 2012)
NHL Winter Classic
PropietarioCidade de Filadelfia
OperaradoraGlobal Spectrum
LocalíaPhiladelphia Phillies (2004– )

Notas editar

  1. "Cincinnati Reds at Philadelphia Phillies Box Score". Baseball Reference. 12 de abril de 2004. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar