Churra é unha pedanía do concello de Murcia, na Rexión de Murcia, que conta con Xunta Municipal. Atópase a 3,5 km de Murcia e sitúase a unha altitude media de 57 metros sobre o nivel do mar.

Modelo:Xeografía políticaChurra
Imaxe
Igrexa da Virxe da Encarnación

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°01′N 1°08′O / 38.02, -1.14Coordenadas: 38°01′N 1°08′O / 38.02, -1.14
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia
MunicipioMurcia Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie5,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude57 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30110 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmurcia.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Ten unha extensión de 5,6 km². Limita ao norte co concello de Molina de Segura e coas pedanías de Cabezo de Torres ao leste, El Puntal ao oeste e Santiago y Zaraiche ao sur.

Demografía editar

En 2014 tiña 7066 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación, sendo os principais: Churra, El Castellar, a Senda de Granada e Torre Alcayna.

Historia editar

Foi fundada durante a dominación islámica ao redor do século IX e, desde entón a súa historia estivo sempre moi ligada á de Murcia, converténdose en pedanía desta no século XVIII. Na pedanía pódense atopar algúns vestixios da súa historia, como poden ser as canles de rega Nova e Vella e a Casa Torre Alcayna.

Recentemente incrementou a súa superficie construída coa creación de modernas urbanizacions e, sobre todo, coa construción dos centros comerciais Thader e Nueva Condomina, así como o novo estadio de fútbol do Real Murcia chamado tamén Nueva Condomina.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar