Charouvía

especie de planta

A charouvía ou pastinaca[1] (Pastinaca sativa), é unha raíz que se emprega como hortaliza, moi relacionada coa cenoria, aínda que máis pálida e con máis sabor que esta. O seu cultivo remóntase á tempos antigos en Eurasia: antes da importación da pataca tralo descubrimento de América, a charouvía ocupaba o seu lugar [Cómpre referencia].

Charouvía ( Pastinaca sativa)
Ilustración
Charouvía.

Descrición editar

É unha especie bienal, semellante á cenoira. A súa raizame ten unha raíz principal pivotante, carnosa e grosa, abrancazada a amarelenta, e raíces secundarias magras. O sistema caulinar, o primeiro ano, componse dun talo curtísimo de onde saen as follas formando unha roseta. Follas grandes, de 4 dm, con longos pecíolos na base, de lámina imparipinnada, con folíolos dentados ou lobulados, averdados escuros. No segundo ano, bota ramificacións e acada 80 cm de altura. Nos ápices das pólas agroman as umbelas con flores pequenas, brancas-averdadas e inconspicuas. Da polinización entomófila frutifica en esquizocarpos alados nas súas marxes, acastañados, cunha semente en cada mericarpio.

Nutrición editar

Consómese a raíz primaria e parte do hipocótilo cocida, en guisos e sopas (dá sabor anisado).

Posúe máis vitaminas e minerais que a cenoira.

Características nutricionais por cada 100 g editar

Cultivares editar

Pastinaca é nativa de Eurasia, e existen tres cultivares:

  • Panais Redonda Precoz
  • Panais Medio Longa
  • Longa de Guernesey

Cultivo editar

Non medra en clima cálido, necesita xeadas para desenvolver o seu sabor. É especial para rexións con curtas tempadas de crecemento. Gusta dos terreos areentos, e/ou limosos; os arxilosos e pedrentos non son bos para as súas raíces, producindo deformacións e tamaño curto.

As sementes plántanse ao comezo da primavera. Recóllense ao final do verán, despois da primeira xeada, e continúa durante o outono, até se conxelar o chan.

Máis que noutras especies de hortalizas, a viabilidade das súas sementes deteriórase se se almacenan moito tempo. Cada ano precisa semente fresca.

Nos Estados Unidos, moitos estados téñena na lista de malas herbas [Cómpre referencia].

A pastinaca é alimento de larvas dalgunhas especies de lepidópteros.

Perigo editar

Cando se apañan nas leiras, cómpre non confundilas coa cicuta con resultados fatais.

Taxonomía editar

Pastinaca sativa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 261. 1753.[2]

Sinonimia
  • Anethum pastinaca Wibel
  • Elaphoboscum sativum (L.) Rupr.
  • Peucedanum pastinaca (Wibel) Baill.
  • Peucedanum pastinaca (L.) Benth. & Hook. f.
  • Peucedanum sativum (L.) Benth. & Hook. f.
  • Selinum pastinaca (L.) Crantz[3]

Notas editar

  1. Nomes vulgares galego en varias fontes: "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009; 'Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012
  2. "Charouvía". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 29 de outubro de 2013. 
  3. "Charouvía en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar