Chaetura

xénero de aves

Chaetura

Chaetura pelagica no niño coas crías
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Cypselomorphae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Subfamilia: Apodinae
Tribo: Chaeturini
Xénero: Chaetura
Stephens, 1826
Especies
  • Véxase o texto

Chaetura é un xénero de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, familia dos apódidos, que é o tipo da tribo dos queturinos.

Grupo de Chaetura vauxi voando.

As especies deste xénero, aínda que se parecen morfoloxicamente ás anduriñas, non están estreitamente relacionados con elas, nin con ningún outro grupo de paseriformes, e a semellanza é, simplemente, o resultado dunha evolución converxente.

Algúns membros de Chaetura son migrantes de larga distancia, mentres que outros son residentes durante todo o ano.

O xénero agrupa a once especies, semellantes aos cirrios (cos que si están relacionados), propias de América.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1826 polo naturalista inglés, especializado en ornitoloxía, James Francis Stephens.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico do xénero, Chaetura, constríuno Stephens cos elementos do latín científico chaeto- e -ura, ambos os dous derivados do grego antigo. O primeiro de χαίτη chaítē, "cabelo", "serda",[2] e o segundo, de οὐρά ourá, "cola" (de animal),[3] en referecia ás plumas ríxidas que se proxectan na parte final da cola destas aves.[4]

Clasificación editar

No xénero recoñécense as seguintes once especies:[1][5]

Rexistro fósil editar

Ademais, unha especie fósil, denominada Chaetura baconica Jánossy, foi descrita sobre a base de restos que datan do mioceno tardío encontrados en Hungría[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Chaetura Stephens, 1826 no ITIS.
  2. chaet- no Merriam Webster Unabriged Dictionary.
  3. -ura no Merriam Webster Unabriged Dictionary.
  4. Jobling, James A. (1991): A Dictionary of Scientific Bird Names. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN : 978-0-1985-4634-4.
  5. Ver Chaetura en Family Apodidae na [https://www.worldbirdnames.org/bow/swifts/ IOC World Bird List, versión 9.2 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  6. Boev, Zlatozar (2000). "The Presence of Apus baranensis Janossy, 1977, (Aves: Apodidae) in the Late Pliocene of Bulgaria". Acta Zoologica Bulgarica 52 (2): 43–52.  Consultada o 5 de outubrode 2019.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chantler, Phil & Gerald Driessens (2000): A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield: Pica Press. ISBN 1-8734-0383-6.
  • Dickinson, E. C. & Remsen Jr., J. V. (2013): The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 1 Non-passerines, 4th Edition. Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6112-2.
  • Josep del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool, Peter Boesman & Guy M. Kirwan (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1. Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / Birdlife International. ISBN 978-84-9655-394-1.