A dos apodiformes (Apodiformes) é unha orde de aves da subclase das neornites, e da infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes e familia dos apódidos.[1]

Apodiformes
Apodiformes

Rango fósil: paleoceno tardío - actualidade

Apus apus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Cypselomorphae
Orde: Apodiformes
Peters, 1940
Área de distribución dos apodiformes.
Área de distribución dos apodiformes.

Área de distribución dos apodiformes.
Familias
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Véxase o texto

A orde comprende 438 especies[2] de egotelos, cirrios ou birrios, salanganas e colibrís.

Taxonomía editar

Descrición editar

A orde foi descrita en 1940 polo ornitólogo estadounidense James Lee Peters.[3]

Etimoloxía editar

O nome científico Apodiformes está construído polos elementos apod- e -formes, unidos por un -i epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro elemento está tirado da raíz do adxectivo do grego antigo ἄπους, ápous, "sen pés", "sen patas" (formado polo prefixo privativo ἄ- a-, e o nome πούς, ποδός, "pé", "pata"). E o segundo é un sufixo do latín científico que significa "en forma de", derivado do latín clásico forma, -ae, "forma".

Sinónimos editar

Este grupo coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Apodi
  • Trochil
  • Trochiliformes

Familias editar

Segundo a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, a orde comprende as catro familias seguintes:[5][4]

Variacións taxonómicas editar

Tradicionalmente considerábanse na orde tres familias: as dos egotelos, cirrios e salanganas (familia apódidos), os chamados cirrios arborícolas (familia hemiprócnidos) e os colibrís (familia troquílidos).[6]

Na denominada taxonomía de Sibley-Ahlquist, proposta por Charles Sibley e Jon E. Ahlquist, baseada en estudos de hibridación ADN-ADN realizados a fins dos anos 1960 e durante os 1980,[7] os colibrís foron separados dos apodiformes para formaren unha nova orde, a dos troquiliformes (Trochiliformes), cunha única familia, a dos troquílidos. Porén, colibrís, cirrios e salanganas teñen entre si moitas semellanzas anatómicas, e diversos autores non aceptaron dita separación.[2][8]

Esta clasificación non é recoñecida pola maioría dos taxónomos actuais, que utilizan estudos de filoxenia molecular máis recentes.

Por outra parte, incorporáronse os egotelos (familia egotélidos), que durante moito tempo se clasificaron dentro da orde dos caprimulxiformes.[9]

Características editar

Como o seu nome suxire ("sen patas", ver etimoloxía), as súas patas son moi pequenas e teñen unhas funcións moi limitadas. Os pés están cubertos con pel espida en lugar das escamas que teñen outras aves. Outra característica compartida polas súas especies son as ás longas cos úmeros cortos e robustos.[10] A evolución das características das ás subministránlle aos colibrís uns instrumentos ideais para flotaren no aire.[11]

Os colibrís, os cirrios e os egotelos comparten outras moitas similitudes anatómicas entre si.[9] O egotelos aparentemente son converxentes cos caprimulxiformes, cos que están estreitamente relacionados, e que, para moitos autores, forman un clado dos cipselomorfos cos apodiformes.[11]

Notas editar

  1. Chantler, P. (2016): Swifts (Apodidae). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E. (eds.). Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  2. 2,0 2,1 Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. Apodiformes Arquivado 05 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en esacademic.com.
  4. 4,0 4,1 Apodiformes no ITIS.
  5. Ver Order Apodiformes na IOC World Bird List. Versión 9.2 (2019). Consultado o 6 de outubro de 2019.
  6. Haaramo, Mikko. "Apodiformes – housemartins, hummingbirds, and relatives". Mikko's Phylogeny Archive. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  7. Charles G. Sibley, John A. Comstock & Jon E. Ahlquistos (1990): "DNA Hybridization Evidence of Hominoid Phylogeny: A Reanalysis of the Data". J. Mol. Evol. 30 (3):202-236. Resume.
  8. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Apodiformes.
  9. 9,0 9,1 Gerald Mayr (2002): "Osteological evidence for paraphyly of the avian order Caprimulgiformes (nightjars and allies)", Journal of Ornithology, 143 (1): 82-97. PDF Ver texto completo.
  10. Hyman, Libbie Henrietta (1992): Hyman's Comparative Vertebrate Anatomy.Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2268-7013-8, p. 39.
  11. 11,0 11,1 Gerald Mayr (2003): "Phylogeny of early tertiary swifts and hummingbirds (Aves: Apodiformes)". Auk 120 (1): 145–151. PDF Ver texto completo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar