Cesáreo Bachiller

futbolista arxentino

Cesáreo Bachiller Fernández, nado en Bos Aires o 5 de outubro de 1914 e finado en Xixón o 14 de febreiro de 2004, foi un futbolista arxentino-galego, que xogaba como centrocampista.

Bachiller
Información persoal
Nome Cesáreo Bachiller Fernández
Nacemento 5 de outubro de 1914
Lugar de nacemento Buenos Aires
Falecemento 14 de febreiro de 2004
Lugar de falecemento Xixón
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Fortuna
Sporting Vilalbés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1933–1935 Lugo Sporting
1935–1936 Lemos
1939–1940 Atlético Aviación 1 (0)
1940–1942 Granada 42 (13)
1942–1943 Sporting de Gijón 13 (5)
1944 Real Madrid 0 (0)
1944–1945 Málaga
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Cesáreo Bachiller Ruiz e Josefina Fernández López, naceu na Arxentina e instalouse na súa infancia en Lugo, de onde procedía a súa familia. Xogou no Fortuna de Lugo e no Sporting Vilalbés,[1] e en 1933 debutou como profesional no Lugo Sporting.[2] Con este equipo disputou o Campionato de Galicia nas tempadas 1934/35 e 1935/36, acadando na segunda delas o terceiro lugar final, só por detrás do Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Posteriormente, xogou no Club Lemos.

Tras finalizar a guerra civil española, fichou polo Atlético Aviación. Na tempada 1939-40 converteuse nun dos cinco primeiros futbolistas galegos en gañar a liga española, xunto cos seus compañeiros no Atlético Juan Vázquez, Celso Blanco, Enrique Rubio e Guillermo. Esa mesma tempada gañou tamén a Copa dos Campións contra o Espanyol. Ao termo da campaña foi traspasado ao Granada CF, co que se proclamou campión da Segunda División na tempada 1940-41 e ascendeu á máxima categoría do fútbol español. Xa en primeira marcou 10 goles en 24 partidos, fichando a continuación polo Sporting de Gijón.

Na súa segunda tempada no Sporting, rescindiu o seu contrato e fichou polo Real Madrid, co que non chegou a xogar ningún partido.[3] A finais de 1944 incorporouse ao CD Málaga, onde se retirou en 1945. Tras a súa retirada instalouse en Xixón, onde puxo en marcha unha empresa de materiais de construción.[4]

Palmarés editar

Atlético de Madrid

Granada

Sporting de Gijón

Notas editar

  1. "Notas de deportes". La Voz de la Verdad (en castelán). 12 de outubro de 1936. p. 3. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  2. "Cesáreo Bachiller". La Voz de la Verdad (en castelán). 18 de xaneiro de 1936. p. 4. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  3. "Plantilla del Sporting de Gijón 1942/43". Consultado o 8 de abril de 2021. 
  4. "La pareja Bachiller-Liz" (en castelán). 22 de outubro de 2016. Consultado o 8 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar