Central nuclear de Trillo

Coordenadas: 40°42′05″N 2°37′20″O / 40.70138889, -2.62222222

A central nuclear de Trillo é unha central nuclear española situada no enclave de Cerrillo Alto, no concello de Trillo (Guadalaxara). Está situada xunto ao río Texo.

Central nuclear de Trillo

Dispón dun reactor de auga a presión (PWR) cunha potencia instalada de 1.066 MWe. O seu reactor pertence á chamada terceira xeración de reactores.

O seu axuste á rede deuse o 23 de maio de 1988 sendo a última central nuclear en entrar en funcionamento en España. O 22 de abril de 2013 alcanzáronse os 200 GWh de produción acumulada.

Está operada pola sociedade Centrales Nucleares Almaraz-Trillo (CNAT), que xestiona tamén a Central nuclear de Almaraz, participada por Iberdrola (48%), Unión Fenosa (34,5%), Hidroeléctrica del Cantábrico - EDP(15,5%) e Nuclenor (2%).[1]

Notas editar

  1. "CNA: Empresas propietarias.". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 02 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar