Iberdrola

empresa eléctrica española

Iberdrola é unha multinacional eléctrica española con base en Bilbao, cuns 31 330 empregados en países de catro continentes que dan servizo a uns 31,67 millóns de clientes. Entre as súas filiais están Scottish Power (Escocia), Avangrid (Estados Unidos) e Elektro Holding (Brasil). No 2013 o principal accionista da empresa era Qatar Investment Holding, seguido doutros como ACS, Kutxabank e Bankia.[1]

Iberdrola S.A.

Sede de Iberdrola, Bilbao
TipoSociedade anónima
Fundación1992
LocalizaciónBilbao País Vasco País Vasco
Persoas claveIgnacio Sánchez Galán (Presidente)
IndustriaEléctrica
ProdutosElectricidade
Gas natural
Beneficio31 418,7 millóns € (en 2015)
Número de empregados33.000 (2011)
Na rede
https://www.iberdrola.com
Facebook: Iberdrola Twitter: Iberdrola Instagram: iberdrola LinkedIn: iberdrola Youtube: UC8mtKiGt4-YsPyjXcC3BKzw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dende que adoptou un plan de crecemento e expansión internacional en 2001, Iberdrola pasou a ser o grupo enerxético máis grande de España por capitalización de mercado,[2] o líder global no sector da enerxía eólica[3] e unha das principais empresas de electricidade do mundo por capitalización de mercado. A empresa é parte do índice bolsista Euro Stoxx 50.[4]

Presenza en Galiza editar

Froito das diversas fusións e adquisicións que deron pé a Iberdrola, a compañía posúe varias empresas hidroeléctricas que operan en diversos ríos galegos, como Saltos del Sil.[5]

Notas editar

  1. "2013 Sustainability Report". Iberdrola. 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 2015-04-18. 
  2. "IBEX35 Stock". Invertia.com (Telefónica de España, S.A.U.). Consultado o 2015-04-18. 
  3. "World leader achieves record output in first quarter of 2011". Energías-Renovables.com (Haya Comunicación, S.L.). 2011-05-06. Consultado o 2011-05-06. 
  4. "Frankfurt Stock Exchange". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 05 de febreiro de 2018. 
  5. "El origen de Iberdrola en Galicia: el Sil" Arquivado 06 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo na web de Iberdrola, 24 de novembro de 2009 (en castelán).

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.